martes, 19 de febrero de 2013

Transpoitting



A función da música:

A canción que soa en toda a escea chamase "lust for life" de Iggy Pop.

A función desta música incidental é:


-Crear continuidade: Xa que son esceas diferentes, unidas … neste caso pola canción. Son a presentación dos protagonistas do filme.


-Atmosférica: Porque sitúanos nun lugar/época, ao ser Iggy Pop o que se está a escoitar entendemos que a película vaise desenvolver na década dos 80 e como xénero de música que é o punk a canción sitúanos en ambentes xuvenís, marxinais e de rebeldía. Tamén sitúanos ante un filme independente, por iso atrévese cunha temática polémica.


-Darlle Ritmo ao inicio da secuencia: (O ritmo rápido da música axúda a darlle velocidade a escea, xa que os personaxes están correndo,) en realidade hai un mickeymousing porque o ritmo das esceas ven determinado polo ritmo da música,a música é quen determina o ritmo e non a escea. O comezo é adrenalínico e identifica ao público cun modo de vida acelerado como o que levan os seus protagonistas.


A letra da canción elexida:

Unha das razóns pola que creo que escolleron esta canción para a escea pode ser a súa letra. O título da canción é "lust for life" que significa "paixón por a vida". Ese título da canción complementa ao que está a dicir a voz en off, xa que negase a vivir como os demáis, quere descolgarse do camiño marcado pola sociedade.

Aínda que a letra da canción é totalmente contraditoria co título: “luxuria por a vida” a letra di que so se pode ter paixón pola vida renunciando a ela,descolgandose do camiño marcado, pero coas drogas, a mesma contradición vemos entre o prantexamento dos protagonistas e a realidade que viven no filme.

Ademáis o cantante Iggy Pop e ese tipo de música, un dos artífices do punk convírtese nunha figura icónica para a sociedade que retrata o filme.


No hay comentarios:

Publicar un comentario