sábado, 23 de febrero de 2013

Abraham Lincoln, cazador de vampiros

ABRAHAM LINCOLN: CAZADOR DE VAMPIROS



ABRAHAM LINCOLN: CAZADOR DE VAMPIROS

ANÁLISE MUSICAL DA ESCENA (1:00:40 – 1:10:32)




1ª parte: o ascenso á presidencia

Primeiro, podemos presenciar un debate no que Lincoln fala sobre o tema da escravitude no sur dos Estados Unidos, aqui a música empeza cós violíns tocando piano a mesma nota para crear tensión, esta vai en crescendo escóitase tamén unha especie de ostinato rítmico que incorpora dinamismo a escea que de non ser pola música sería máis estática, ao ostinato rítmico séguella unha progresión das cordas que se traduce en que a escea non ten a función de clímax, senón que camiña cara outro momento, tamén unha nota grave nas cordas que ademáis acompaña ao movemento de Henry entre o publico. Mentres Lincoln expón o seu argumento, despois entran as trompas con caracter heroico seguido dos aplausos dos asistentes ao debate pola grandísima defensa de Lincoln cara a abolición da esclavitude. A nota tenida da trompa queda soando mentres asistimos a transición de esceas

Agora ubicámonos na mesma sala do debate, aínda que en silencio, isto non é casualidade, so está Lincoln discutindo com Henry, o seu mestre,só os escoitamos a eles para no desviar a nosa atención cara unha posible música de fondo, aquí o que resalta é a confrontación. A intervención de Will, o mellor amigo de Lincoln, bótalles en cara que son eles os que deciden quen vive e quen morre, este plano esta subliñado por un pedal na corda grave que ascende en glissando até ao máis agudo cando aparece a muller de Lincoln, a música está encadeada até a seguinte escea.

Aqui encontrámonos a Lincoln deixando a súa ferramenta de loita nun baúl, o machado, vaina cambiar polas palabras que, por unha parte, teñen un poder mais forte. Escoitamos uns sons moi graves o que nos propón um cambio radical na vida do noso protagonista, logo a música cambia cun factor de tensión e á vez cun ton que nos fai pensar que é un momento importante ou memorable na película e na vida da personaxe, a voz “en off” serve de música de fondo e ten a función psicolóxica de subliñar a importancia deste momento, este ton de importancia acentúase cos cánticos de todas as persoas que aclaman aLincoln como se fora um heroe, ou mais ben, o presidente dos Estados Unidos. E destaca o uso de sons claramente electrónicos neste fragmento, nunha indudable busca da posmodernidade e o anacronismo que forma a identidade de toda a película. O crescendo das cordas que serven para separar ambas esceas. A fechadura do bául e ábrese a porta e vemos a imaxe iconográficamente máis coñecida de Abraham Lincoln ten unha clara función de estructura teatral xa que nos permite establecer seccións claramente diferenciadas nunha película. De feito os sons graves convírtense claramente en sons de latexo, un dos tópicos cinematográficos para indicar o nacemento de algo.



2ª parte: A nación rómpese

Esta segunda parte comeza con imaxes da guerra ambientada cunha música um tanto sinistra e triste acompañada polos sons das espadas, escopetas e canóns, porén non houbo interrupción entre a música antes descrita e a que acompaña as esceas de discursos ante multitudes e as de guerra. Esta función é a de continuidade que lle da unidade as esceas que, entre sí, son totalmente diferentes tanto en cronoloxía como en espazo temporal. A única transformación é que, cando a escea achégase ao estrado e comezamos a ver uniformes militares, a música tamén tínxese de elementos militares como son os redobles das caixas e as fanfarrias das trompetas. A música é claramente psicolóxia e empática, observamos como acompaña o movemento dos exércitos (case nun mickey mousing de carácter tráxico) non esmorece se non que axuda a transición ao mesmo tempo que o muro derruido fúndese co xoguete do neno.

O silencio na escea do despacho é outro dos tópicos das películas que fan contrastar destas esceas (normalmente sempre teñen que estar trucadas) e que habitualmente susténtanse en música potente e épica fronte as esceas cotidiás de carácter casi teatral que pódense sustentar sobre os diálogos dos protagonista. Hai que ter en conta que como constantemente comprobamos e sinalamos o feito de que os fundidos da imaxe case nunca coinciden coas transicións de música, o normal é que as esceas con musica de fondo e as que non sexan alternas.

Logo aparécenos o protagonista en pantalla, pensando nunha solución para a xá mencionada guerra, Lincoln está tan inmerso nesse tema que nin sequera come, Hai un suave subliñado musical, un acorde pianissimo que parece un suspiro que acompaña á nova do xornal cando a cámara o enfoca, refíerome a nova dos 2000 soldados mortos, nesta escena, cando Willie, o fillo de Lincoln toma protagonismo, aparece unha música com caracter infantil e inocente, o que nos fai prepara inconscientemente para um acontecemento malo ou triste que, seguramente lle pasará a esta personaxe, Willie.Tamén, ao final, temos os indicios de música heróica, como cando escoitamos o argumento de Lincoln sobre a abolición da escravitude.

Efectivamente, aquí volven aparecer as trompas com caracter heroico, noutro debate, esta vez sobre a guerra, na que Licoln insiste que debe acabar. Nesta escea, a pesar de non ser un leit motiv recoñecible, si que hai unha clara identidade entre este tema que marca a final deste fragmento e que marcaba o final do outro fragmento. 1º Lincoln presidente, despois, abolición da escravitude, esta escea ten claramente unha función de continuidade unificando todos os lugares públicos onde vemos a proclamación, no despacho, no senado, no exterior, o acorde tra-lo crescendo coincide co cambio do interior ao exterior.



3ª parte: a abolición da escravitude

Nesta parte continúan as trompas, esta vez cun caracter máis épico, xa que é un gran momento da historia, a abolición da escravitude en EE.UU.

En consecuencia, os vampiros, donos do sur, tomarán represalias contra Lincoln, unha Muller, disfrazada de doncela, vai ao cuarto de Willie, aquí vai aparecendo pouco a pouco, unha música de violín con toques maléficos e sinistros é unha das máis tópicas formas de aparición da función psicolóxica, nos informa das malas intencións da personaxe á que acompaña, logo, aparece aquela música que escoitamos cando Willie marchou do despacho de seu pai, aquela música que era um tanto infantil pero á vez escura e sinistra, esta música séguelle unha disimulada mordedura da vampiresa. ten carácter de leit motiv porque acompaña á personaxe infantil, isto é un tópico do cine de terror, mesturar o infantil co horror, de feito que estas músicas como de caixa de música o xoguete soemos na actualidade asocialas a historias de terror. Algo a comentar será o feito de que a música incidental é o único que se escoita, non escoitamos os xogos do neno e a doncela, isto ten función psicolóxica, impórtanos o que vai acontencer, non os seus xogos e dalles unha apariencia fantasmagórica e de irrealidade. A elipse, non vemos como o morde vese sustituida pola caída da espada de xoguete e o sting chord.



4ª parte: a doenza de Willie



Aquí volvemos a escoitar o leit motiv de Willie, a música infantil e sinistra, cando Lincoln ve a mordedura, sabe o que lle pasa ao sal fillo, o que lle fai recordar a morte da súa nai a mans dun vampiro, a acción de recordar vai capmpañada dun son grave nun crescendo moi rápido, o que nos da unha sensación como se rebobináramos no tempo, ese recordo persegue ao proagonista ata nos seus soños, cando Lincoln ve á súa muller e ao seu fillo, que está nas últimas, séntese impotente e triste, o que se reflexa nos acordes que soan nese momento.
Outro sting chord suliña cando Lincoln recolle o reloxo de Henry de entre os xoguetes de Willy.
Un trémolo de violíns aparece cando o maiordomo vai tapar a Lincoln sentado no xardín, seguramente serve apra avisar da súa presenza, función psicolóxica, é un momento de traxedia que non se correspondería co son dun xardín, lugar onde están nesta escea.

5ª parte: posibilidade de reanimación

.


Nesta última parte, Lincoln vese desfeito pola morte do seu fillo, ata que aparece Henry e lles ofrece revivir a Willie como vampiro, Mary, a muller, acepta, Lincoln intenta convencela de que non é boa Idea, xa que sería un vampiro, pero a Mary dálle igual, a esta escena acompáñalle unha música triste, cun toque de desamor ou incluso de odio, cando Mary comeza a falar a música é dramática, dolorosa e triste, aquí o odio está na escea e non na música, incluso podería ser anempática, porque a pesar de que as palabras de Mary son de odio, en realidade, a música amosa tristura e pesar.

http://www.mundobso.com/es/verbandasonora.php?id=13524



Angel

No hay comentarios:

Publicar un comentario