miércoles, 20 de febrero de 2013

ESCENA DO FILME DE MATRIX




A escena que vou comentar é do filme de Matrix, o director deste filme é Larry Wachowski, Andy Wachowski, e o compositor da banda sonora do filme é Don Davis.
A escena comeza abrindose con instrumentos de vento metal e percusión para crear tensión. Esta tensión está creada sobre todo polos trémolos dos violíns e as notas longas dos instrumentos de vento metal entre as miradas de Trinity e o sr.Smith e para deixar con unha pequena intriga ao espectador si a bala que lle dispara o sr.Smith alcanzou a cabeza de Trinity. O ruido do tren, e dos cristais están amplificados crean tensión, porque a escena en realidade non é real, do mesmo xeito que están amplificados os movementos dos protagonistas.
Cando Trinity esperta aparecen catro notas que nos revela que está ben e que chegou a tempo antes de que a bala lle alcanzase a cabeza. Nesta parte a música ten unha función psicolóxica ,a función psicolóxia desas catro notas levannos cara o pensamento de Trinity sobre Neo, isto xera tensión porque a escea aínda non rematou. Podemos apreciar un Sting chord que resolve a tensión de cando Trinity esperta e anuncia perigo e cando Neo chega á cabina telefónica e ve o teléfono descolgado .
Cando O Sr.Smith e Neo se encontran aparece un Un acorde que se caracteriza por ser tocado cos instrumentos de vento metal en fortissimo e con sordinas as cales producen sons que son asperos e inquietantes característico do personaxe do Sr. Smith é unha música que crea tensión e anticípanos unha posible traxedia a isto engádeselle unha nota aguda dun violín trémolo que ten unha función psicolóxica, xa que nos adentra na mente de Neo .
Seguése a presenciar a función psicolóxica da música volvendo a provocar suspense. Cando Neo e o Sr.Smith se están a mirar un ao outro con unha mirada de rivalidade pódese apreciar un un trémolo agudo no violín e diversas notas na percusión as cales crean tensión ,xa que o espectador pode intuír que se van a pelexar pero non sabe con precisión en que momento van a comezar a baterse.
Cando comezan a pelexar os instrumentos fan tresillos é o típico sting chord, isto sobresáltanos despois da tensión que conseguiran os violíns e os instrumentos de vento. A percusión en cambio marca os golpes máis fortes que se dan os personaxes, pódese apreciar dentro da función psicolóxica a función empática, porque a música cadra co que estar a pasar e podese apreciar strigchords . o elemento característico son os sobresaltos.
Cando os personaxes quedan suspendidos no aire, podemos falar de que en toda a pelexa está presente o mickey mousing, porque a música sincronizase cos movementos dos personaxes. Esta forma de pelexar proviña do subxénero das artes marciais, e caracterizase por un coidado na coreografía das pelexas como si fose unha danza.
Cando Neo e o Sr.Smith se levantan do chan hai un contraste moi curioso xa que por un lado escoitanse os instrumentos de vento metal marcando un empate de Neo e o Sr.Smith na pelexa, ambos apuntaronse un ao outro coas pistolas na cabeza e tamén se levantaron ao mesmo tempo.Cando Neo se levanta do chan saltando escoitase o tópico do personaxe de Neo, as notas que se escoitan prodúceas unha trompeta e tamén escoitamos unha nota aguda do violín que se perde cando os personaxes tiran as pistolas. E acordes que acompañan os movementos de loita de ambos. O mickey mousing é moi empregado nesta escea. En primeiro lugar os efectos do son das patadas son esaxerados como todo nesta escea e están incorporados á banda sonora, por outra banda, os acordes de toda orquestra enfatizan os puñetados do Sr. Smith cando bate contra a parede. Esta escea ten varios puntos de flexión, o primeiro cando Neo rompe as gafas de Mr. Smith e O seguinte é cando Neo é tirado ao chan por Sr.Smith.
A música vaise volvendo máis intensa cada vez que o Sr.Smith golpea a Neo. Cando Neo cae ao chan por un golpe recibido do Sr.Smith a música deixa de ser intensa e escoitanse unhas notas que transmiten derrota/fracaso a tímbrica da trompeta cambia, aquí márcanos a aparición do Neo real que está sufrindo e sangrando polos golpes, mentres que antes marcabase como un héroe e vencedor. pero a escea volvese optimista cas notas agudas do violín facendo unha melodía de notas agudas que acompañan ao consolo de Trinity que é como si animase ao personaxe a vencer o seu opoñente o Sr.Smith e vai aumentando a súa intensidade, cando Neo se ergue e reta de novo ao Sr.Smith volvese a apreciar outro Mickey mousing ata que volven a loitar de novo e volve a rexurdir a música que se escoitaba anteriormente, os violíns e os instrumentos de vento voltan a tocar de os tresillos e a percusión marca os golpes máis significativos e as caídas. Apreciase de novo Outro mickey mousing cando Neo se ergue e volve a desafiar ao Sr. Smith á loita. Un acorde disonante marca outro golpe victorioso de Sr. Smith e doloroso para o protagonista cando desconcha a parede.
Cando o Sr.Smith volve a tumbar a Neo dandolle uns golpes rápidos no estómago a música volvese moi tráxica e disonante, e polo tanto indúcenos á intranquilidade e podemos presenciar unhas sonoridades inexpresadas que parecen asociarse co Sr.Smith
Cando o Sr.Smith se dispón a arroxar a Neo polas vías do tren apreciase o trémolo da orquesta que vai incrementando a tensión, este tremolo resolvese no acorde que produce a orquesta o cal acompaña ao golpe de Neo contra a parede ao outro lado da vía do tren. escoitánse sons inarticulados como os trémolos e de sons metálicos que parecen imitar o chirriar das vías e os frenos. percibese un acorde cando o Sr. Smith colle a Neo pola gorxa e as sonoridades dese acorde continuan mentres Sr. Smith fala
Cando o Sr.Smith acaba de falar Un acorde maior en toda a orquestra acompaña o momento en que Neo fala asume a súa identidade e dun salto chega ao borde da estación de metro e evita o tren . Breves acordes acomañan o salto mortal de Neo e as sonoridades agudas dos violíns permanecen mentres escoitamos o golpe do tren que atropella a Mr. Smith.
En toda esta secuencia podemos apreciar como acelera e diminúe o ritmo,facendo lento e rápido as pasaxes dos planos,o son das vías do tren ten a función atmosférica porque nos revela que nos atopamos nunha estación de tren.
A amplificación do son acompaña á teatralidade pois aparentamos estar nunha estación de metro. O máis característico de todas formas é que a música está feita para contribuir sobre todo ao dinamismo da escea. Acompaña en todo momento aos golpes dos antagonistas, e nos prepara para os momentos de máis tensión... outro dato importante é o uso de acordes limpos e maiores, ou disonantes e sombríosque caracterizararon aos protagonisas durante a escena. Tamén debemos mencionar que os intrumentos de vento-metal identifican a Neo, mentres que ao Sr. Smith acompáñano sonoridades frías e impersonais ,como os instrumentos de percusión ou os sintentizadores.

http://www.mundobso.com/es/verbandasonora.php?id=594

Patricia


No hay comentarios:

Publicar un comentario