lunes, 18 de febrero de 2013

Bram Stoker´s Dracula

DRÁCULA BRAM STOKER
Do minuto 35 ao 43 aproximadamente


DRÁCULA BRAM STOKER
Do minuto 35 ao 43 aproximadamente


Na escena vese como Mina recibe unha carta de Jonathan e óese o son dos paxaros, que sería un son ambiental. Cando se enfoca a carta vaise a música da escena anterior e fai que a escena teña un carácter bucólico. Mentras ela a lee aparece a voz off de Jonathan decindo o contido da carta.
Faise un salto ao castelo de Drácula e óese un redobre dun trono mentras se mostra o edificio. Continúa a voz de Jonathan que narra que están a acontecer uns feitos moi estraños xa que os homes que traballan para o conde Drácula non fan máis que encher caixas de terra e hai un son ambiental que producen estes traballando. Despois disto aparece un plano dun acantilado e pódese escoitar o son do mar. Vólvese ao plano de Jonathan investigando o que fan os traballadores e aprécianse stingchords que producen un sobresalto cando o conde se levanta da tumba e ademais ese violín toca o inicio do tema de Drácula como monstr. Estes anticípanse a imaxe.
Na casa de Lucy, esta baixa muy entusiasmada e co fondo do acorde disoante que acompañou a Drácula as escaleiras porque lle pediu matrimonio o terceiro dos homes que a ela lle gustaba. Hai un son dos paxaros mentres Lucy lle conta a noticia a Mina que se alegra moito por ela pero que está preocupada por Jonathan porque a carta que escribira era estraña. Despois disto soa un trono que indica que Drácula vai vir a Londres e comeza a chover mentres soa unha melodía que é un leimotiv. Esta melodía recordanos a música dunha caixa de música xa que nos mostra a inocencia de Mina, que simboliza a pureza dentro deste filme gótico. Cando estas miran cara a tormenta aparecen os ollos de Drácula e xusto antes de que aparezan escóitanse stringchords, que pertencen ao leimotiv de Drácula, os lemotivs de Drácula e de Mina opóñense e compleméntanse á vez
Unha vez que se enfoca ao barco de Drácula escóitanse os sons dos tronos e do mar e comeza a falar un narrador que explica o que acontece nese barco e tamén hai unha melodía de fondo. Pódese apreciar o latexo do corazón dunha especie de monstruo que se está formando no barco.
Novo plano de Lucy e Mina correndo mentres chove. A tormenta está xa en Londres e soa a mesma melodía de antes que soa como as das caixas de música que se identifica como un leimotiv que esta relacionado cas dúas mulleres máis ben con Mina e tamén escoitanse gruñidos de fondo e aprecianse as risas dun home entre as risas das mozas. Tamén se escoitan notas agudas do violín que soan disoantes co tema de Mina.
Plano do zoo no que os animais se alteran porque Drácula esta cerca e os lobos escapan. A música de fondo está interpretada polos timbais e un ostinato moi rítmico nos instrumentos de metal mentres que as disonancias nas cordas producen desazón é un leimotiv que se asocia co conde Drácula. Este leitmotiv acelérase cada vez máis. Despois disto volve a aparecer o barco cos seus sons ambientais (tronos e mar) e continua o son dos timbais e tamén óese o leitmotiv anterior pero acompañado de coros masculinos. Pódese observar que o home lobo xa esta formado e que hai lúa chea. Percíbense coros que se asocian co terror. Hai moitos cambios de escena pero a música forma unha unidade xa que relaciona as rapazas sensuais baixo a chuvia cos animais que estan sobresaltados no zoo e ca viaxe do barco, hai unha clara función de continuidade.
Plano do sanatorio no que todos os tolos están alterados pero hai un que é o que esta máis alterado xa que está a espera de que o seu amo, Drácula, o convirta en inmortal. Mentres ocorre isto continua a melodía de fondo dos timbais pero esta vez acompañada de voces que comezan antes e tamén hai o son ambiental das mangueiras que enchoupan aos tolos. O doutor que trata aos tolos inxéctase algo e soña con Lucy xa que esta moi enamorado dela. Pódese ver por detras un relámpago que nos segue a indicar que Drácula está preto. Apréciase unha voz femenina e sensual que se corresponde co leitmotiv de Lucy pero que simboliza o perigo da droga xa que o doutor inxéctase morfina.
O barco de Drácula chega a Londres e o home lobo, que e Drácula, baixa e diríxese a casa de Lucy. Mentras seguen os timbais, é dicir, o leimotiv de Drácula e ao mesmo tempo o leimotiv de Lucy que é unha voz feminina. O home lobo sube e baixa as escaleiras do xardín da casa de Lucy despois comeza a melodia interpretada por voces interrumpida por un gruñido do home lobo e despois disto Lucy poseida descende polas escaleiras do xardín acompañada desa melodía interpretada por voces que aporta un ton de sedución xa que se ve atraída por Drácula.
Vése un trono e aparece Mina na habitación de Lucy e dase conta de que esta deixou o crucifixo no leito cando este se enfoca o lobo aulla e Mina vai cerrar a ventana e é cando ve a Lucy e vai en busca dela. Volve o leimotiv de Mina xa que se oen as notas do carillón cando Mina vai buscar a Lucy e cando se enfoca a esta última escóitanse tronos e aullidos que logo se camuflan cas voces, cos timbais e ca melodía que acompaña a Mina e o mesmo sucede cando Lucy está a punto de encontrar ao home lobo polo que se intensifica o son dos timbais, o tempo e máis acelerado e a música incrementa a intensidade, o ritmo, a harmonía para chegar ao clímax e apréciase un claro contraste co leitmotiv de Mina que e moi delicado e se mestura cos coros.
Mentres se produce a búsqueda que leva a cabo Mina para encontrar a Lucy, vanse alternando os planos de unha e de outra e ao final Mina encontra a súa amiga berrando cando xa está co home lobo que a seduce e a morde mentras isto pasa hai un crecendo dos timbais. Despois dito vése como o home lobo mira cara a Mina e escoita o seu corazón bombeando a sangue por todo o corpo. E o home lobo que é Drácula dille “ eu prohíboche que me vexas”. Neste momento o clímax esta no seu momento máximo debido aos violíns en fortissimo e ao coro e substituense os baixos da orquestra polo latexo do corazón de Mina. O fundido en branco coincide co corte da música e serve para chamar a atención do espectador.
O fragmento ten función de continuidade e presenta unha mesma música. Os leitmotivs crecen e incrementan a tensión e o dinamismo para lograr a exaltación dos espectadores ata o momento do clímax, polo tanto hai unha función psicolóxica. Esta escena pódese seguir sen música xa que se vinculan os tres personaxes protagonistas contrastándoos ou relacionándoos mediante a imaxe e a música.

Claudia





No hay comentarios:

Publicar un comentario