Os oídos non teñen pálpebras
martes, 14 de mayo de 2013
viernes, 10 de mayo de 2013
Turning tables-Adele
INFORMACIÓN SOBRE A CANTANTE
Adele é unha cantautora británica de soul, blues e pop que gañou numerosos premios musicais.
Adentrouse pouco a pouco no mundo da música colgando videos en Myspace, onde gañou moitos seguidores e todo isto fixo que fora coñecida en todo o mundo.
O seu éxito culminou co seu último disco 21 no que está incluida esta canción, e co oscar a mellor banda sonora.
ESTRUCTURA
A canción comeza co piano que é o único instrumento que está presente na canción, sen olvidar unha serie de violíns que aparecen nuns momentos determinados da canción sobre todo cara ao final desta. Atendendo a súa estructura, a canción está formada por tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces, unha vez despois de cada estrofa.
SIGNIFICADO DA LETRA
En canto a letra, a canción fala de darlle a volta as cousas xa que a cantante a compuxo despois da ruptura co seu mozo e esta canción exemplifica o motivo de esa ruptura que é que o seu mozo sempre quería estar por riba e tiña a manía de darlle a volta as cousas e tamén Adele expresa nela que vai ser forte e que ese desamor non a vai derribar.
¿POR QUE ME GUSTA?
Esta canción xunto con outras da mesma cantante gústanme pola tímbrica de Adele xa que ten unha voz moi potente e ao mesmo tempo moi dulce e tamén porque na maior parte das súas cancións como ocorre nesta o instrumento principal e o piano que é o meu instrumento favorito debido ao seu carácter intimista.
Claudia
jueves, 9 de mayo de 2013
NOCHES EN VELA DE LA SENDA DE AFRA
1.INFORMACIÓN DO GRUPO
La Senda De Afra é un grupo de pop-rock coruñés formado en 2008 .
O grupo inicialmente estaba formado por unha cantante(Sheila),unha guitarrista (Patricia Varela),un baixísta(Ezequiel) e unha batería(Olalla).
La Senda de Afra gañou varios premios en distintos concursos como o concurso ‘’Nordés 40 principales’’ no que conseguen o primeiro posto, o concurso Querostar no que tamén son os gañadores, e tamén gañoaron a 1ª edición do concurso Beefeter London Sessions, onde participaban máis de 230 bandas de toda España,a final prodúciuse nun evento en Madrid no que La Senda De Afra foi o gañador e recibiron como premio grabar nos estudios ‘’Abbey Road’’ onde grabaron os Beatles,oasis,pink Floyd e moitos máis grupos coñecidos.
A gran experiencia de grabar nos estudios ‘’Abbey Road’’ foi a despedida Da guitarrista Patricia Varela a cal tivo que abandonar o grupo por motivos laboráis.
Nese verán prodúcese un cambio de postos no grupo onde Ezequiel volve aos seus orixes, á guitarra eléctrica e entra na formación Patricia Insua ao baixo eléctrico.
La Senda De Afra segue tocando,preparando novos proxectos e aumentando o número de seguidores.
2.TEMA DA CANCIÓN
En canto a letra da canción trata sobre o desamor e sufrimento e o optimismo. Na canción exprésase a idea de que hai que mirar sempre cara adiante cando se sae dunha relación, e que non debemos amargarnos porque o noso pasado e o transnoitar serven de aprendizaxe para non volver a cometer o mesmo erro, tamén se fai fincapé á expresión de que ‘’o tren só pasa unha vez’’, é decir que se a persoa que te deixou quere volver contigo xa non vai ter ninguna posiblidade para volver a retomar a relación de novo.
3.ESTRUCTURA DA CANCIÓN
A canción comeza con unha introducción marcando na batería negras no charles, as guitarras fan corcheas e a todo isto súmaselle a voz, despois engadese a liña do baixo con notas agudas e a batería incorpora o bombo e a caixa ,o baixo marca o comezo da primeira estrofa con un pequeno descenso de notas.
Na primeira estrofa o ritmo é semellante ao do principio pero coa variación da altura do baixo e dunha das guitarras, a outra guitarra marca as partes fortes do compás e a batería fai un ritmo co bombo,a Caixa e o charles e acaba golpeando un plato.
Despois da introducción e da primeira estrofa ven o retrouso da canción que se marca facendo paradas no ritmo. Nos silencios é onde se incorpora a voz e onde se canta o retrouso da canción, despois incorpórase unha pequena ponte.
A continuación introdúcese a segunda estrofa da canción que rítmicamente é prácticamente igual que a primeira que escoitamos só que ao final da estrofa escoitamos que a batería toca co charles aberto e a letra cambia,a marca do charles aberto xa nos avisa de que se volve de novo ao retrouso.
Logo viría o punteo da guitarra eléctrica,a batería mantense co mesmo ritmo e o baixo engade unhas notas da escala pentatónica para adornar,nesta parte a voz está ausente.
Despois do punteo a pequena ponte está transportada.
Finalmente volvese a tocar o retrouso pero varía o ritmo da batería ao final do retrouso,só se aprecia o bombo e a Caixa e despois desa marca da batería xa se da paso ao final da canción, con un punteo da guitarra a canción remata acortando as notas e a última é longa.
Acanción está formada por:
-Introdución
-Estrofa
-Retrouso
- Pequena Ponte
-Estrofa
-Retrouso
-Punteo Guitarra
-Variación da pequena ponte
-Retrouso
-Final
5.POR QUE ME GUSTA?
A canción gústame moito polo rítmo sólido que ten,é un son potente, compacto e moi rítmico, o pop rock é un dos diversos estilos musicais que me gustan e a letra da canción é pegadiza. Esta canción tamén me gusta moito polos cambios de ritmo entre os ritmos con pausas e os ritmos mais continuos da canción.
E tamén me gusta porque se pode apreciar a influencia dos distintos estilos musicais de cada compoñente como o heavy,o pop-rock e o rock.
Máis vídeos deste grupo.
miércoles, 8 de mayo de 2013
Music for one apartment and Six Drummers
Grazas, Patricia, por lembrarnos que se pode facer música con calquera cousa. Desfrutádeo.
martes, 7 de mayo de 2013
miércoles, 1 de mayo de 2013
Charlotte Perrelli (hero)
Charlotte perrelli e una cantante sueca, de varios estilos, pop, baladas, rock..entre outros..
Foi a representante de Suecia, no ano 1999 en Eurovisión, coa canción Tusen Och En Natt traducido seria..Mil y una noche..
A través de esa victoria fíxose moi coñecida en Suecia e nos países veciños. Nove anos despois ela vólvese presentar o Melodifestivalen (concurso de selección de representante..) e consegue representar outra vez o seu país con esta canción..pero a mala sorte quixo que quedara con 54 puntos no duodécimo posto.
A canción gústame por que e una cantante que me asombra, o seu timbre de voz e moi bo...e porque me motiva nos malos momentos
En canto a sua estructura a canción comeza cos aplausos do público, tras o que soa a percusión, que marca o ritmo da obra, comeza a cantar Charlotte, a música sincronizase cos pasos que fai, volve sonar a percusión, Charlotte volve cantar, pouco despois aparecen as coristas..(Dea e Victoria), cantan a ritmo o estribillo, o primeiro ponte producese ca entrada dos coristas masculinos pouco mais adiante o ponte principal aparece.
A estructura é, pois, estrofa-estribillo-estribillo- estrofa.
O texto da canción non ten un gran valor, o que é normal, .xa que en Eurovisión a maior parte da xente que acode, non entende/fala o ingles correctamente..deste xeito a letra ten so un valor musical para que soe ben e sexa brillante
Espero que vos guste! ;)
Antón
Suscribirse a:
Entradas (Atom)