jueves, 20 de marzo de 2014

The Birthday Massacre - Blue







  • INFORMACIÓN DO GRUPO
The Birthday Massacre é unha banda que pertence ao xénero Synth Rock e é orixinaria  de Toronto(Canadá). Oficialmente formouse no ano 1999 porque anteriormente a banda era coñecida polo nome de Imagica.
Por outra banda, é relevante destacar que os nomes dos seus integrantes tanto actuales como anteriores son pseudónimos que están asociados a diversos simbolismos.
En canto á formación da banda, os primeiros integrantes do grupo foron Chibi(vocalista), Rainbow(guitarra), Michael Falcore(guitarra), Aslan (baixo), Dank(teclados) e O.E(batería) pero máis tarde Dank (o teclista) abandona o grupo e o resto de integrantes deciden mudarse a Toronto.
No 2001 a banda comezou a grabar o seu primeiro disco de estudio e no 2002 xa recoñecidos baixo o nome de The birthay massacre lanzaron o album ''Nothing and nowhere'' e ese mesmo ano O.E (o batería) abandona a banda .No 2003 Adm(teclista) incorporouse na banda como novo teclista e na percusión incorporouse Rhim(batería), en ese mesmo ano a banda toca por diversos lugares de toronto para dar a coñecer a súa música.
En canto a canción Blue é relevante destacar que foi RepoRecords quenes se encargaron do lanzamento de blue baixo a dirección de Daniel Oullete.
Os membros que forman actualmente a banda son  Chibi (voz), Rainbow (guitarra) MichaelFalcore (guitarra), Nate Manor (bajo), Owen (teclados), Rhim (batería).
En canto ao estilo podemos destacar que esta banda musicalmente caracterízase polas letras escuras e sons agresivos de guitarra que á súa vez se combinan con melodías máis elegantes. En canto á estética da banda pódese decir que é oscura con un emprego de roupa ensangrentada e modelos infantís.

  • ESTRUTURA
A estrutura que presenta Blue de The birthay massacre  é a seguinte:

- INTRODUCCIÓN: Nesta primeira parte temos presente a atmósfera que crea misterio a través do  teclado mediante unha serie de acordes que están acompañados por unha melodía moi tétrica que evoca inquietude e advirtenos de que algo malo vai acontecer, sitúanos como si estivesemos a ver un filme de medo. Despois da introducción do teclado engadese o resto de instrumentos da banda como son as dúas guitarras, o baixo e a batería, é relevante que as guitarras fan como unha disonancia neste ritmo que executan. Esta introducción forma parte do que será o retrouso da canción.

- 1ª ESTROFA: A primeira estrofa caracterízase polo cambio que se produce en canto á tímbrica e a agóxica, podemos observar que agora a melodía é moito máis sutil e ten un carácter máis suave con respeto ao comezo da canción. Na estrofa é relevante destacar o acompañamento do teclado mediante arpexios, o baixo executa as tónicas da melodía e a batería mantén o ritmo mediante tresillos que se poden apreciar no bombo. O elemental da 1ª estrofa é á incorporación da voz femenina. Esta parte representa sentimentos positivos como o amor ou a esperanza.

1º RETROUSO: O segundo retrouso ten un carácter semellante á introducción da canción pero esta vez incorpórase unha voz masculina que executa unha voz gutural e constitúe a antítese da voz femenina e á súa vez representa sentimentos negativos como o odio ou os celos. Volvense a incorporar a guitarras que se suman a esa sonoridade tan caótica e o teclado volve a executar a melodía da introducción.

2ªESTROFA: Esta segunda estrofa posúe as mesmas características da primeira estrofa.



2ºRETROUSO: Este segundo retrouso ten os mesmos elementos que o primeiro retrouso pero caracterízase por que supón o conector cara a ponte da canción.

PONTE: Esta parte caracterízase pola atmósfera que crea o teclado mediante diversos efectos sonoros e polo solo melódico, é interesante a polifonía que se forma coa unión das dúas melodías do teclado . Por outra banda incorporanse a batería e o baixo para darlle máis forza á canción e preparar a entrada das guitarras para incrementar de novo á intensidade e que a canción alcance de novo o punto culminante, unha das guitarras nesta parte realiza como un punteo pero á súa vez é ritmico.

FINAL: O final caracterizase porque é igual que calquera dos retrousos que escoitamos anteriormente e predomina o ritmo das guitarras xunto coa melodía que escoitamos na introducción da canción tendo en conta tamén ao ritmo da batería e do baixo, a canción finaliza só coa melodía do teclado, a cal constitúe o motivo de toda a canción.

ESTRUTURA DE FORMA ESQUEMÁTICA:
  • INTRODUCCIÓN
  • ESTROFA
  • RETROUSO
  • ESTROFA
  • RETROUSO
  • PONTE
  • FINAL





SIGNIFICADO DA LETRA
En canto á temática da canción podemos destacar que se alude a unha relación amorosa na que a protagonista se sente abandonada e traizoada polo seu mozo, neste último aspecto entra en xogo as malas linguas das que se fala na canción, isto reflexa que puido haber unha suposta infidelidade por parte do seu mozo. Por outra banda aparece o sentimimento do amor, do desexo e do sentimento que tiña a protagonista pola relación, estes sentimentos tanto negativos como positivos, están vinculados coa música, podemos decir que a música forma parte da expresión dos sentimentos. A protagonista tamén está recordando os tempos felices da relación e ao mesmo tempo manifesta a súa doenza porque viviu nunha mentira, non foi un amor puro e verdadeiro.
É interesante o vinculo que se establece entre a protagonista e o boneco que aparece atado con unha corda no pescozo, o boneco representa en realidade á protagonista, unha posible interpretación é que a corda representa o moi namorada que estaba do seu mozo e esta non o acabou superando a ruptura e suicidase. A canción ten aspectos moi metafóricos

POR QUE ME GUSTA?
Blue de The Birthay massacre gústame polo aspecto musical concretamente polos contrastes que aparecen en canto a agóxica, outro aspecto que me parece moi relevante é a adecuación que se establece en canto a letra coa música e viceversa, pareceme interesante o contraste de sentimentos de amor e odio. O son tan tétrico tamén me parece un elemento moi interesante polo feito de que consegue transmitir ese medo,e inseguridade que se reflexa na propia canción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario