jueves, 24 de febrero de 2011

A Sinfonía Fantastica

Este é o ensaio da sinfónica ao que imos asistir mañá, a ver si coñecendoo previamente o podemos desfrutar máis.


Sinfonía Fantástica de Berlioz


Desenvolvemento Musical

- PRIMEIRO MOVEMENTO: Soños e paixóns. (Un músico novo namórase dunha
muller que reúne todos os encantos do ser ideal. Baixo os efectos do opio — do que Berlioz era adicto — os delirios da paixón do músico avivados por unha idea fixa cuxa melodía personifica á muller amada). A partitura ábrese cun Largo en do menor, que representa o soños dun amor ideal. Dito tema non é orixinal, tomándoo Berlioz dunha melodía que el mesmo compuxo na súa época adolescente sobre uns versos da Romanza de Estela de Florian. A melodía, suavemente sincopada, xera en si mesma distintas acentuacións rítmicas e encadéase lixeiramente a un Allegro axitado e apassionato assai cun tema moi vivo nos violíns. A partir dun acorde de Do maior aparece a idea fixa (Dobre salto de agudos, Sol-Do, e logo, Sol-Mi). Moitos especialistas viron o futuro leitmotiv wagneriano nesta idea fixa. Porén, a diferencia radica en que esta idea fixa fai honor ao seu apelativo e apenas se transforma, caso contrario ao recurso empregado por Wagner. Existe una clara concordancia entre este tema e o motivo de introdución precedente; de feito, as tres primeras notas forman unha célula temática moi explotada no curso da obra, e non no sentido dun desenvolvemento senon, máis ben, de sucesión de variacións que van dramatizando o discurso musical. Pese a iso, resulta obvio que a última exposición obedece ao principio da recapitulación, co tema acelerándose de forma vertixinosa, e que vai desembocar nunha fermosa cadencia de acordes amplos e amablemente sereos.



SEGUNDO MOVIMIENTO:O baile. A partir do minuto 4.51 do vídeo. (En medio
do tumulto dunha festa, a idea fixa imponse de manera casi fantasmagórica). É un movemento inconfundible de vals, dunha exquisita elegancia, que cumple a función do tradicional scherzo na estructura sinfónica e que parece suscitar unha extrana sensación de irrealidade. Comeza suave nas cordas e vese escoltado polo sotil chisporroteo rítmico das harpas. Porén, o tema vese interrumpido pola aparición da idea fixa que parece querer unirse ao baile fusionándose coa pauta rítmica do mesmo, que cunhas inquietantes modulacións que nos parecen inclinarse polo calmo modo maior. Tras uns extraordinarios compases de transición, a sección de corda expñon brillantemente o tema ao unísono, rítmicamente punteado polas madeiras. Os papeis intercambianse por uns momentos e a melodía desenvolvida polas madeiras se ve suliñada polos pizzicati da corda. Logo dun episodio desenfrenado (Maxistralmente escrito) o clarinete solista eleva a idea fixa, sobre un fondo de harpas e dobrándose posteriormente en terceira co outro clarinete. Sen solución de continuidade, a corda en tutti desplega de imprevisto a coda final co tema do vals pasando da corda grave á aguda nun episodio de gran virtuosismo e arriscada orquestración. De todo este sensacional movemento é xusto sinalar o partido que Berlioz logra quitar das harpas, algo ata entón verdadeiramente inédito.




- TERCEIRO MOVEMENTO: Escea no campo. A partir do minuto 1.36 do vídeo.
(Durante unha noite de vran, no campo, a idea fixa ven turbar a dozura dun dúo pastoril. Todo se ensombrece. Unha treboada lonxana e logo o silencio e a soidade).
Algúns autores apuntan a posibilidade de que Berlioz se inspirase na Pastoral de Beethoven – a escoitara recentemente — para compor este fragmento que ocupa o tradicional movemento lento dunha sinfonía. Sexa como sexa, o movemento iníciase cunha bucólica atmósfera na que dialogan oboé e o corno inglés tratando de imitar aos caramillos de dous pastores. Tras este episodio, unha longa melodía — claramente relacionada coa idea fixa — elévase na corda como expresión dos soños de tenrura e esperanza. Tanto se parecen as melodías que a idea fixa aparece no rexistro grave das cordas e os fagots dun xeito ameazante. Seguidamente, un gran tutti da paso a unha serie de variacións da melodía expostas polo clarinete seguido polo debuxo dos segundos violíns e violas en pizzicato ao que segue un solo dos segundos violíns coa melodía na súa forma orixinal. Sobre unha imitación do bruar da treboada (A diferencia de Beethoven, Berlioz sí pretende imitar acústicamente a treboada), o movemento remata cunha breve réplica dos diálogos iniciáis.



-CUARTO MOVEMENTO: Marcha ao suplicio. A partir do minuto 5.39. (O músico soña que matou a súa amada e lle conducen ao patíbulo. Reaparece a idea fixa como un derradeiro pensamento de amor interrumpido polo golpe fatal da guillotina). Neste movemento, que cambia bruscamente coa atmósfera do anterior, sucédense dous temas tras unha pesimista introducción en metales baixos que desemboca nun espectacular redobre de timbal. A un primeiro frío, sombrío e implacable, exposto pola corda grave, se lle contrasta outro a modo de fanfarria, brillante e decidido, que estoupa en trompetas e madeiras en Si bemol maior. Tras unha repetición da fanfarria, a orquestra vaise “cargando” ata culminar cun violento estoupido (Bombo, timbais, pratos) que, intentando desvaecerse en van, volve a extoupar con toda potencia. Tras un episodio que nos lembra vagamente a Schubert pola súa estructura rítmica, a idea fixa aparece no clarinete pero é cortada bruscamente por un seco acorde (O golpe de guillotina) seguido por tres pizzicati da corda. Tras un angustioso silencio, un bravo acorde en Sol maior, repetido 16 veces, elévase sobre o fondo victorioso da percusión. Prodixiosa orquestración dun movemento que sirve para o lucimento de todo o conxunto interpretativo, director incluido.



- QUINTO MOVEMENTO: O soño dunha noite de sabbat. A partir do minuto 0.24. (Entre ruidos extranos, xemidos e risotadas, o desgraciado músico vese nos seus propios funerais durante o sabbat. É a última aparición da melodía fixa, convertida agora nunha danza grotesca que se mestura cunha diabólica orxía mentres se cumple a ceremonia fúnebre ao son dun paródico Dies irae). Este último movemento é o máis desenfrenado e visionario, onde o opio desprega todo tipo de alucinacións tanto no relato como, probablemente, no propio compositor. Despois dunha misteriosa introducción, no compás vinte aparece a idea fixa grotescamente exposta polo requinto en Mi bemol. Os episodios caricaturescos sucédense: Os trombóns ouvean ao unísono antes que as campás dunha igrexa repitan tres toques durante once veces, mesturándose a continuación co Dies irae que xurde en sucesivas entradas: Primeiro, no rexistro grave de tubas e fagots; logo, unha oitava máis alto cos trombóns e trompas; e cada vez con maior aceleración rítmica, con máis notas en cada compás. O motivo da danza do sabbat aparece un tanto deslavazado e logo desenvolvido en forma de fuga mentres parodia do Dies irae resoa en contrapunto para imporse finalmente. O movemento conclúe cunha apocalíptica brillantez, cun enorme protagonismo na familia dos metais.



Traducinvos a guía de audición que o departamento da OSG nos enviou para preparar o ensaio ao que asistimos, o enlace o tedes arriba. Pero non atopo o autor.

Guía de audición 1

Guía de audición 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario