martes, 15 de febrero de 2011

Page 99 - The list

Page 99 é un grupo de música punk/screamo (Punk-> música simple e cruda, as veces descoidadas, sóns de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosas, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos. Screamo-> a palabra screamo ven de scream (grito en inglés). Básicamente é unha fusión de hardcore caótico cheo de letras que tratan temas existencialistas con gran carga intelectual, pesimista e algunhas veces temas políticos)de Virginia, Washington DC que estiveron activos dende 1998 ata 2003.
A música é unha mestura entre a distorsión, ruido e rapidez do punk, quero dicir que é un estilo de punk clásico e non como o punk comercial actual, por exemplo: blink 186, green day, sum41... e as voces guturais, agudas e ténicas do screamo, xunto cós breakdowns da batería, ritmo máis lento e o underground (actitude ''faino ti mesmo'')tamén do screamo.
A letra é o que máis me gusta por que fala, non de punk de agora, senón que invita aos antigos punks que volten ser como cande eran novos, de voltar a actitude rebelde e inconformista contra o sistema político e económico imposto que agora xa non existe.
Critica que estas persoas se volveran igual que o resto da sociedade, unha maquina máis do sistema e que só o foron ate pasar a maioria de idade e buscar un traballo e unha casa, unha actitude hipócrita pero normal co mundo no que vivimos. Titúlase ''The list'' porque fala dunha lista (hipotética) que está chea de nomes de persoas que cambiaron dende a súa mocidade, a súa forma de pensar e actuar.
Vou poñer a continuación unhas frases que son as que máis me gustan da canción:
- Teenage rebellion is just fine as long as you stop once you turn eighteen
Thousands of punks turned to society's tools.
-Remember punk is more than teenage rebellion
Sure it starts there. But why does it end?
And the list is thousands long

Daniela 1ºE

No hay comentarios:

Publicar un comentario