martes, 22 de febrero de 2011

Dvorak, a Sinfonía do Novo Mundo

A obra que decidín presentar é a sinfonía número 9 ou a sinfonía "do Novo Mundo" de Dvorak.
Dvorak é un compositor checo que vivíu na 2º mitade do século XIX, de xénero posromántico e nacionalista.
A historia desta sinfonía comezou cando a fundadora do conservatorio de Nova York ofreceulle a Dvorak o posto de director do conservatorio.
Dvorak mudouse a Estados Unidos e comenzou a compoñer a 9ª sinfonía, á que chamou " Sinfonía do Novo Mundo" precisamente porque para Dvorak Estados Unidos era un novo mundo.
Según o propio Dvorak non se basou en ningunha música nativa americana para compoñer isto, parece ser que simplemente creou un tema con toques e peculiaridades desta música.
Algúns expertos consideran que a sinfonía ten máis en común coa música popular da súa Bohemia natal, debido a que hay pes rítmicos que teñen moito en común coa música nativa americana.

Escollín esta obra porque foi a obra que me fixo entrar na música clásica, foi a primeira sinfonía que me impresionóu tanto como para querer dedicarme a isto.
Encántame a forza que ten, a tensión que se mantén durante moitos momentos da obra(sobre todo do primeiro e do cuarto movemento, os meus favoritos) que fan que queiras seguir escoitándoa, que fai que non perdas o interese. Cada melodía, cada dinámica,a instrumentación, está perfectamente pensada para que a obra sea un conxunto perfecto de armonía e matices, que fan que exprese a idea da grandeza da novidaded dun novo mundo.
Por todo isto esta sinfonía é unha das miñas obras predilectas...que fan que cada vez que a escoito me quede tan impresionada e tan emocionada como a primeira vez...que fai que me identifique coa enerxía que xurde desta peza...
Escollina para compartir con todo o mundo o impresionante que é escoitar unha composición tan brillante e o grande que tiña que ser un compositor como Dvorak para compoñer unha obra tan destacable no panorama musical.

Rebeca







No hay comentarios:

Publicar un comentario