jueves, 28 de octubre de 2010

Sonata de Amor


O primeiro proxecto deste mes era a lectura do libro Sonata de amor. Un libro moderno sobre unhas rapazas como calquera de vós que estudan no instituto e no conservatorio. Que forman un cuarteto de corda e mentras ensaian van influenciándose e forxando unha fonda amizade. Ao tempo, unha delas, introduce ás súas compañeiras e a nós, no coñecemento dunha fermosa sonata, producto dunha fermosa e "imposible" historia de amor entre un músico xenial. Glenn Gondelier e unha fermosa dama da alta sociedade parisina, Genevieve.

Por se lle pica a curiosidade a algún dos que non vos tocou lelo; aquí tedes os primeiros capítulos. Y despois, o podedes coller na biblioteca.

Sonata de amor.- para comezar a lelo


E para non esquecer que falamos de músicos, aquí tedes o primeiro tempo do cuarteto que están montando as heroinas...O Cuarteto Americano de Antonin Dvorak




E unha actuación do mítico pianista Glenn Gould, do que se poden entrever moitos rasgos nese enigmático compositor que a escritora crea co nome de Glenn Gondelier.



E vos invito, se tedes tempo, a ler este blog, onde podedes ler aínda hoxe moitas das controversias que a figura de Glenn Gould provoca. Libreta de notas: rarezas musicales: Glenn Gould

13 comentarios:

  1. Mi opinión persoal:
    Para empezar, ¡el libro fue INCREIBLE!
    me encantó, me sentí muy identificada con Carmen, sobre todo, por que me pareció la niña más normal de las 4.
    Aunque tengo que decir que la parte que más me gusto de la obra fue la parte en cursiva, en la que hablaban de la historia de la sonata, en esa parte Blanca Álvarez escribía muy diferente, mucho más romántico y mucho más "cultamente" que en la parte en que contaba la historia del cuarteto.También lo entiendo, porque no es lo mismo.Ni es la misma historia, ni la misma época, ni el mismo ambiente.
    Me pareció une elección perfecta, sobre todo para nosotr@s que somos músicos aunque creo que nuestros compañeros y amigos deberían leer esta novela, también.Más que nada para saber como nos sentimos nosotr@s a veces, en el sentido de estresados y que entiendan, que no tenemos tanto tiempo como ell@s querrían que tubiéramos, porque necesitamos dedicarle tiempo a la música, que por lo menos para mi significa una gran parte de mi vida.
    Me encanto en serio.
    =)
    Rebeca

    ResponderEliminar
  2. Ola, Rebeca!

    Alédame moito que o libro te gustara, e me aleda máis, ainda, que te decataras e desfrutaras dese xogo que Blanca Alvarez fai coa linguaxe. A linguaxe culta, romántica e un tanto extravagante, en ocasións, dos círculos políticos e artísticos no París de inicio da II Guerra Mundial frente á linguaxe dun novo de hoxe en día, un pouquiño mal falado, pero agradablemente normal como é Carmen e as súas amigas. Penso que iso debe entenderse ademáis de como o xogo literario entre as dúas historias paralelas, como unha loubanza da linguaxe da música que é común para todas esas persoas, para as que, coma tí, a música é moi importante na súa vida, viviran nunha época ou noutra.

    Tamén me gusta que Blanca Alvárez acertara coa persoaxes que crea para esta novela, porque se vos sentides dalgunha forma identificados, é que ela acertou.

    Grazas pola túa e ben fundamentada opinión, agardo as do resto.

    :), Irene

    ResponderEliminar
  3. Hola, soy Pablo.
    El libro en general me ha encantado,me pareca que si eres músico fácilmente puedes identificarte con algunos de los personajes.Creo que las expresiones coloquiales o,quizás vulgares nos acerca más a la diferentes psicología de los diferentes personajes.El libro en particular es una gran obra elaborada con la que a veces me siento identificado.tambien me ha encantado la personificación de Glenn Gould en la historia puesto que una pequeña parte de la historia va dedicado a este gran pianista.Recomiendo este libro a todo el mundo especialmente a aquellas personas que estudien música o toquen algun instrumento musical.Yo personalmente digo que este libro si te ha gustado es muy difícil la explicación de ello.Creo támbien que Blanca Alvarez a hecho una gran obra maestra.
    Pablo.

    ResponderEliminar
  4. Ola, son Mariña!

    Pois a min o libro tamén me gustou moito, e
    como os meus compañeiros,tamén me sentín moi identificada coa protagonista.
    A min ao contrario que a Rebeca gustoume mais a historia das nenas que a da sonata de amor en si, xa que gústame que a escritora se esprese cunha linguaxe coloquial, unha linguaxe dos nosos tempos.

    Teño que resaltar que me gustou a personalidade de todas as instrumentistas, porque se ven un pouco todas as facetas dos alumnos do conservatorio, dende a típica alumna que é perfecta, que lle resulta todo moi fácil e que todos a envidian, como é o caso de Carla, a as "maiores" que todos nos preguntamos como estudan tantas horas,a os pianistas(que hai que resaltar que son un caso a parte,supoño que xa saberás ao que me refiro :D ) a as normais como Carmen...
    Tamén me gustou, que ninguén comentou nada diso, o papel da irmá de Carmen. Porque ainda que a min non me pase o mesmo, porque o meu irmán maior está metido na música, hai persoas que realmente o pasan mal porque as veces na música esfórzaste por facer algo , e non sae por moito que queiras sacalo adiante, e sempre tes a túa irmá ou irmán maior facendo unha carreira, que che fan realmente preguntarte porque escolleches a música en vez de unha carreira normal, e a verdade e que ainda que algúns témolo claro, hai a xente(coñecidas mías) que lle fai cambiar de opinión este simple feito.

    Na protagonista, eu creo que se ve claro a súa paixón pola música porque sabe o que quere ser e o que é o prioritario para ela.

    Polo demais creo que todo quedou bastante claro nos comentarios dos meus compañeiros e na exposición na clase. :) Encantoume o libro.
    Recomendaríao a calquera persoa que lle guste algo a música.

    Mariña :)

    ResponderEliminar
  5. Ola, Pablo.

    A mín tamén me parece unha obra recomendable a calquera que estude no conservatorio, ou calquera que lle guste a música. Incluso, penso como Mariña e Rebeca, que para calquera dos vosos compañeiros que non estudan no conservatorio, e vos queran entender mellor. Quixenvos facer ver o paralelismo entre ese compositor maldito que emprega Blanca Alvarez e a figura de Glenn Gould, porque é un dos músicos máis interesantes do século XX, pero como as historias da música que estudamos habitualmente centranse na composición, os intérpretes sempre nos quedan nun segundo plano, a parte de que é un coñecemento máis difícil, xa que a industria discográfica evidentemente cimentouse sobre a interpretación máis que sobre a composición, con todo o que iso leva asociado. Hai que recoñecer, que habitualmente son mellor coñecidos polos melómanos, que polos músicos.

    ResponderEliminar
  6. Ola, Mariña!

    Moitas grazas pola túa análise, paréceme moi profunda e ben fundamentada. Eu penso coma tí, que a pesar de que o que lle da altura ao libro é a parte que narra esa historia de amor imposible no pasado, a autora ten moitísimo mellor trabada e creada a parte do presente. As persoaxes son máis creíbles e naturáis, o mesmo que as súas relacións. As persoaxes parece cliches, pero cando vai avanzando o libro, vemos que non o son, e nos damos conta que os vemos cos ollos de Carmen, que parece insegura como calquera no seu diario íntimo, pero en realidade ten moi craras as cousas e o que fai. Fixácheste moi ben, Mariña, na función que cumple a irmá de Carmen de ser unha fiestra ou simplemente un espello polo que se asoma Carmen a unha vida sen música. En espellismo que parece máis doado e sínxelo, pero a cambio del, Carmen tería que renunciar a algo que lle da moitísimo máis, a música.

    ResponderEliminar
  7. Respecto dos pianistas....;) sí que son un caso aparte, pero tes que ter en conta que para eles esas horas de estudo son aínda moito máis solitarias que para os instrumentistas de orquestra ou de banda. Lembro que para mín foi todo un descubrimento a música de cámara que nos non comezabamos até 6ª de instrumento (se non lembro mal):).

    ResponderEliminar
  8. O primeiro, dicir, que o libro: Sonata de Amor convertiuse nun dos meus libros favoritos, partindo de eso a miña opinión é máis que positiva.
    Quizais o que máis me agradou foi a historia de amor platónico de Genevieve e Glenn, así como a sonata misteriosa,a lenda,que logrou convertirme nunha futura apasionada das lendas da música.
    Por outra banda pareceume maxistral a relación que a autora xerou entre a relación platónica e a vida da protagonista.
    A personaxe que máis me gustou, ou que quixais máis admiro é Cloe(violonchelo), por ser ainda que sexa na ficción, a dona da fermosa e máxica sonata.Coa sua persistencia e amor pola lenda, crearon unha personaxe diferente e polo tanto grata polo misterio que conleva.
    Dende o comezo tiña todas as papeletas marcadas a favor de que me gustara, pode ser porque as protagonistas eran da miña idade ou ben porque se movían no mundo da música.
    Sen dúbida recomendarei este libro e a súa continuación.
    De Galiana(a profe esixente) gustoume a súa maneira de entender a música, como algo que o absorbe todo e que precisa todo o tempo e dedicación.
    Todas as persoaxes, cada cal cos seua maticez e caracterixacións forman parte dun mundo movido pola arte e polo amor.
    Da última persoaxe que desexo comentar algo en particular é de Ana a irmán de Carmen(protagonista),que era un motor importante para a evolución da protagonista, xa que a aconsella dende a experiencia e a seguridade.
    Por último mencionar a introducción de persoaxes reais no libro que se escondía baixo seudónimos recoñecibles facilmente.
    E agora sí que xa remato, como Carla a amiga de Carmen lin esta historia procurando facer miña cada expresión,xa que moitas delas me pareceron fantásticas.

    Andrea Ledo Carballo.

    ResponderEliminar
  9. Moi ben, Andrea. Alédame moito que desfrutaras do libro e que foras capaz de captar todos os matices que atopaches.

    ResponderEliminar
  10. Ya me acabe el libro y me quede con ganas de leer la continuación. Me gusto mucho el libro pues la autora mezcla diferentes épocas y diferentes situaciones, al igual que trata hacernos entender como es la vida de un adolescente normal que tiene que compaginar el conservatorio y el instituto. Los personajes me encantaron casi todos. Primero tenemos a Carmen , la protagonista que toca el violín, gracias a la cual el cuarteto se forma y las cuatro pasan a ser amigas, con el apoyo y los consejos de su hermana, esta en mi opinión tambié ocupa un papel algo importante en el libro, ella va viviendo y contándonos su vida. Luego tenemos a Carla, la pija simpática que toca al igual que Carmen el violín , a parte pasan a ser como mejores amigas, ella trata de enseñarle “cultura” y esconde algún secreto, esta como fascinada con los grafitis que aparecen y también cuando se entera de la historia de la Sonata busca información. Más tarde aparecen Cloe que toca el chelo y Celia la viola, la primera, está obsesionada con la Sonata de Amor y la segunda, bueno esta es la que peor me cae ya que es la que trata de gobernarlo todo. Bueno profe no se me ocurre nada más que poner ya que no soy capaz de explicar el porqué me ha gustado y a parte ya todos mis compañeros lo han dicho todo. Un saludo Soraya.

    ResponderEliminar
  11. Grazas, Soraya.....O libro nos propón catro personalidades moi diferentes, que é normal que simpaticemos cuns máis que con outros.....De feito, é unha das cousas que máis me gustan do segundo libro, pero deso xa falaremos cando remate este mes.

    ResponderEliminar
  12. Bueno, para empezar el libro me ha gustado. Me pareció un poco infantil, pero eso era lo que hacía fácil su lectura. Al tener de por medio la historia paralela de Glenn y Genevieve lo hacía parecer un poco más "maduro" porque esas partes de la novela tenían un punto de vista más profundo, a mi forma de ver, que el resto de la trama. Las cuatro chicas que formaban el cuarteto de cuerda me parecieron muy interesantes, todas con sus personalidades diferentes entre sí pero a la vez tan iguales, porque todas compartían el mismo amor por la música. Carmen, la protagonista principal en la que se centraba esta historia al principio parece una chica con las ideas muy claras y segura de sí misma, pero poco a poco se va descubriendo todo lo contrario, y Carla, la típica chica tímida y pija deja ver que no te puedes dejar llevar por las apariencias. Cloe y Celia me encantaron también, sobretodo Celia, que aunque pareciese un poco insoportable a veces, su personalidad me gustó. Ana, la hermana de Carmen me pareció que era un pilar en el que se apoyaba mucho la protagonista, ya que de ella tomaba todos sus puntos a seguir y su gran aspiración, en cierto modo, era llegar a ser así, independiente y fuerte.
    La parte más pesada de leer para mí fueron los capítulos sobre Genevieve y Glenn, pero eran necesarios para la lectura del libro en conjunto, porque muchas de las cosas que aparecían en el resto de la historia de las cuatro chicas, se basaban en la Sonata de Amor. En definitiva, me ha gustado el libro, y me pareció sencillo de leer y entretenido.

    Nuria

    ResponderEliminar
  13. Gracias, Nuria, por tu comentario. Básicamente estoy de acuerdo contigo, el tono es juvenil, pero eso es lo que lo hace agradable y cercano de leer. La historia de Genevieve y Glenn le da un poso de profundidad, y un tono más adulto, aunque por momentos también de pretenciosidad.

    ResponderEliminar