jueves, 28 de octubre de 2010

Investigamos...qué música aparece en qué es lo que más nos gusta

Perdoade o retraso, porque recoñezo que era o proxecto máis difícil de todos, e a mín tamén levoume tempo comprobalo, pero aquí tedes parte dos resultados. Non atopáchedes nin siquera cinco das obras....pero aquí tedes uns exemplos....


Qué es lo que más nos gusta


min. 1:20

malos tiempos para la lírica.



min 2: 13

Non é o tango de Piazzola que indicáchedes, vos confundiu o son do bandoneón

min 3:58

Non é o quinteto de cordas nº 5 como indicáchedes se non o 4º

Cuarteto de cordas nº 4, cuarto tempo. Bela Bartok nete vídeo, arredor do min 5: 13




min 6:00

Bruce Springsteen, Born to run

No se puede insertar, lo podeis ver aquí


min. 11:08

O lago dos cisnes...de Chaikovsky




min. 11:34

Non era o cuarteto de Beethoven como vos puxéchedes, se non o terceiro concerto para violín de Mozart.




Acertáchedes porén na audición do mín. 13:20, claro que con texto sempre é máis doado atopar as cancións.



O cuarteto que soa a continuación, sí parece Beethoven pero non é o tempo que vos propuxéchedes, tampouco coñecemos a música de pulso e corda e frauta que soa a continuación.

O mín 16:42 a mín non me parece Palestrina, de feito paréceme música litúrxica rusa. Non é esta, pero observade o parecido.



min 17:11 é o primeiro tempo do quinteto de cordas con clarinete de Johannes Brahms



O que soa arredor do min 20:00 é a seguinte obra de Igor Stravinsky. Sinfonía para instrumentos de vento



O que se escoita no min 21:40 non é a Cabalgata das Valquiras, se non o Preludio dos Mestres Cantores de Richar Wagner (Die Meistersinger no orixinal). Aquí o tedes



A fermosa sonata que soa a partir do min 22:24 é o cuarto tempo da sonata para violín e piano de Cesar Frank



min 24:20 o que soa sí e renacentista, si é aquí a onde vos referiades con fragmento de Palestrina, pero si tratamos de entender o texto (non dí Kirye...senon Ave Verum corpus) e buscando en youtube, rexeitando o de Mozart(claramente é clasico) aparécennos dous renacentistas, o de Peñalosa e este de Byrd que é o que escoitamos no podcast.



Doulle voltas ao que aparece no min 25:23 porque por veces paréceme Saint-Saëns, pero por outras Mahler cando o localice volo colocarei aquí. (edito) Localizada esta música do min 25:23 grazas a axuda dalgúns compañeiros meus. Trátase do terceiro tempo da Sinfonía nº 3 de A. Bruckner. Aquí a podedes escoitar.




O que soa no min. 28:54 é unha famosa peza de virtuosismo zíngaro. Hora Staccato de Dinicu que podedes ver aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario