jueves, 21 de octubre de 2010

Avatar

05.Becoming one of the people becoming one with Neytiri

Mariña, teño que recoñecer que este vídeo non o tiven que buscar en youtube, porque xa o tiña nas miñas listas de reproducción. A mín tamén me encanta a música cinematográfica pola súa riqueza tímbrica e polas asociacións descriptivas que me produce.

Este fragmento é tremendamente evocador porque acompaña a unhas esceas con función de continuidade, é dicir, con intención de contarnos con poucas esceas todo un proceso, e a este proceso, que consiste en introducirnos nunha nova civilización, exótica e fascinante, somos invitados os espectadores precisamente grazas a esa música que recolle todo tipo de sonoridades tímbricas e rítmicas que asociamos con mundos primitivos e selváticos.





Como xa vos dixen en clase esta é unha B.S.O. de James Horner, autor de moitísimas bandas sonoras de primeira liña, e con moitísimos recursos. Aquí tedes un enlace para profundizar máis neste compositor.

Mundobso, James Horner

Aínda así, é certo, que ten un estilo inconfundible porque a súa tendencia a autocita raia no plaxio constante, este é o vídeo que lle comentaba a Rubén na clase.



E que ademáis resulta francamente parecido a esta outra música, ¿non credes?



A pesar diso, que conste, que a mín encántame esta B.S.O.

No hay comentarios:

Publicar un comentario