jueves, 28 de octubre de 2010

Músicas con lume



O segundo grupo traballou...as músicas vinculadas ao lume. É este un tema cunha longa tradición simbólica tanto na literatura como na mitoloxía, con diversos significados....desde os de compoñente erótico, vinculados a paixón, como os vinculados á violencia, á velocidade, á condenación, á purificación, a renovación,m o lume é algo perigoso, pero tamén fermoso e necesario para a nosa vida,.....non esquezamos que o lume é dun dos elementos primordiais, casi un dos elementos que nos define como especie; de tal xeito que non é difícil atopar músicas que fagan referencia ao lume. No texto das cancións, pero tamén cunha representación musical no programa dunha obra.

Esta é a selección que as vosas compañeiras fixeron.



É este un podcasts onde vos fala de moitas músicas con moito lume....do noso vello amigo Fernando Palacios.


Todos los fuegos, el fuego

De todas formas, propoñovos que vaiamos enriquecendo esta lista de reproducción con novas adicións de músicas que falen do lume. Cada vez que atopedes algunha, sexa no contexto que sexa, me enviades o enlace para ir facendo crecer esta selección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario