jueves, 20 de noviembre de 2014

5 SECONDS OF SUMMER - AMNESIA




“Amnesia” é unha canción interpretada por 5 Seconds Of Summer ou 5SOS. 5SOS está composto por cinco cantantes: Luke Lemmings (guitarra e voz), Calum Hood (baixo e voz), Michael Clifford (baixo e voz) e Ashton Irwin (batería e voz).

Esta canción é unha balada acústica que narra ou describe a situación na que un se atopa cando pasas por unha ruptura amorosa.
Desta canción, sen duda, o que máis me gusta é a letra, identifícome moito con ela e chégame moito ao corazón.
A súa melodía tamén axuda bastante a transmitir ese sentimiento de tristeza e soidade que intentan expresar os cantantes.
O meu momento preferido da canción (punto culminante) é cando a intensidade da música baixa e quédase Luke cantando así como se estivera cantándolle á súa moza dicíndolle que “se todo isto fose un torturador soño e estiveran todavía abrazados fortemente coma nunca antes sen nunca se separar”.

Pódese dicir que esta é unha das miñas cancións preferidas do grupo polo feito de que me identifico moito con ela, e cunha frase que é a frase estrela da canción: “I wish that I could wake up with amnesia and forget about the stupid little things” (“gustaríame levantarme con amnesia e olvidarme das pequenas estúpidas cousas”).




No hay comentarios:

Publicar un comentario