viernes, 5 de diciembre de 2014

Black Is The Color Of My True Love's Hair - Peter Hollens & Avi Kaplan


Esta canción chámase Black is the color of my true love's hair, orixinalmente de Nina Simone pero neste caso é interpretada por Peter Hollens e Avi Kaplan. É cantada completamente a capella, sen instrumentos. Está composta cunha base feita alternando acordes conxuntando as dúas voces. Esta canción ten tres partes: na primeira, canta soamente Peter, que ten unha voz suave máis ou menos aguda (tesitura de tenor), despois segue Avi cun cambio de voz moi grave (tesitura de baixo) e por último, cando xa estamos chegando ao punto culminante xúntanse as duás voces para darlle máis forza e potencia (mesturando as texturas) .

Gústame esta canción polas preciosas voces que teñen eles facendo un contraste de voces que me encanta. Tamén paréceme moi interesante as cancións interpretadas a capella xa que detrás do que escoitamos hai un gran traballo de precisión e tamén necesita técnica para que as voces se fagan unha soa e non se escoite unha por riba doutra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario