viernes, 17 de enero de 2014

ORDINARY LOVE DE U2

  • GRUPO
U2 é unha banda de rock que procede de Dubín e que se formou no ano  1976 a través de Bono (o cantante do grupo). A banda está formada por 4 membros que son  Bono (voz) The Edge (guitarra, teclado e voz), Adam Clayton (baixo) e Larry Mullen (batería). O xénero post-punk foi a raíz do son do grupo pero máis tarde  empezaron a incorporar un estilo máis particular que se pode apreciar na textura musical de The Edge e  na voz expresiva de Bono, pero foi no estancamento musical que sufriu este grupo  a finais dos anos 80 cando a banda decide tomar influencias do pop, da música electrónica, do dance e do rock alternativo para conseguir o son tan personalizado que posúen . As letras das cancións deste grupo sóense centrar en temas persoais ,de xusticia  social e da paz. Esta banda caracterízase por ter un elevado número de ventas e incluirse no Salón da fama do rock.


  • CANCIÓN
A canción que vamos a escoitar a continuación titúlase ‘’Ordinary Love’’ de U2. A canción presenta a seguinte estructura:
Introducción  A canción comeza con uns efectos no teclado e unhas notas na guitarra mentres que no baixo aprecianse as tónicas da melodía con notas agudas finalmente incorporanse os acordes da melodía no teclado,crease unha atmósfera con estes elementos.
1º estrofa  nesta parte intervén a voz cantando a primeira estrofa da canción e seguese coa atmósfera anterior, ao longo da estrofa podese apreciar como o baixo cambia o seu rexistro,agora fai a liña rítmica con notas máis graves e hai un elemento audiovisual interesante con respecto a un dos acordes do teclado e a gota de tinta que cae no papel e é que cando se escoita o acorde no teclado cae ao mesmo tempo esa gota de tinta no papel
1ºRetrouso  no retrouso é interesante observar o cambio de ritmo que se produce a un ritmo máis dinámico con respecto ao anterior por parte do teclado e do baixo pero o son segue a ser o mesmo.
Pequena parte instrumental esta parte caracterizase polos acordes que executa o teclado podemos observar que dun ritmo lento con figuración de larga duración pasa a un ritmo máis rápido emprega corcheas e tamén se caracteriza pola incorporación da batería na canción tamén e interesante o cambio do ritmo que se produce no baixo a un ritmo máis rápido tamén
2º Estrofa Nesta parte volvese a incorporar a voz cantando outra estrofa, séguese coa atmósfera anterior,podemos  apreciar que cara ao final da estrofa resalta o son da guitarra con unas notas agudas.Antes do retrouso podemos observar como decrece o ritmo para volver con forza no seguite retrouso
2º Retrouso A diferencia que podemos apreciar entre o primero retrouso da canción e o 2º retrouso é que este último ten un carácter máis sólido, isto prodúcese polo ritmo rápido e polos efectos dos instrumentos, neste retrouso cobra importancia o son da guitarra a cal marca as notas máis importantantes da canción, realiza una función semellante á do baixo pero con notas máis agudas
Solo de guitarra  Nesta parte pódese apreciar o son tan característico da guitarra deste grupo, a guitarra realiza un punteo, o rítmo da canción segue a ser o mesmo, pódese apreciar que no baixo prodúcese un cambio con respecto ás notas, segue co mesmo ritmo pero con notas diferentes, na segunda parte do punteo o baixo executa corcheas  nun rexistro máis agudo mentres que a guitarra fai sons de longa duración, outro elemento que chama a atención son algún sons procedentes do teclado.
Final da canción  A canción remata co retrouso que escoitamos antes do solo de guitarra, é dicir co 2º retrouso  ata que o volumen da canción vai decrecendo pódese apreciar de novo o punteo da guitarra pero esta vez de forma incompleta porque a canción vai baixando o volumen e non chega a rematar.
  • INFORMACIÓN DA CANCIÓN
A canción ordinary love está incluída na banda sonora do  filme Long Walk to freedom, este filme está inspirado na vida de Nelson Mandela.
O videoclip desta canción e a letra son moi simbólicos xa que se relacionan con aspectos da vida de Nelson Mandela. A aparición das letras que van aparecendo ao longo do vídeo representa a dificultade do amor permanente, isto ten que ver coa relación tan boa que tivo Nelson Mandela con Winnie (a que foi a súa esposa) mentres estivo no cárcere pero cando foi liberado a xente fixo que ese amor desaparecese entre eles. O desvanecemento das letras significa que cando as cousas se van non sempre se produce unha ruptura de inmediato porque se desvanecen de diferentes formas e maneiras.
Outro elemento importante son as portas dos elevadores que aparecen no vídeoclip que representan a celda onde estivo encarceado Nelson Mandela.
Ao comezo do vídeo podemos observar un efecto de time-lapse xa que se produce un efecto de que o tempo pasa moi rápido, hai outro time-lapse cando aparece o retrato de Nelson Mandela tanto a primeira vez como no final, o retrato de Nelson Mandela simboliza o vínculo que ten a canción con este personaxe.


  • SIGNIFICADO DA LETRA
O tema principal da canción de ordinary love  é o amor, as frases que aparecen escritas sobre os distintos espazos do vídeo eran fragmentos dalgunhas das cartas que Nelson Mandela lle mandaba cando estaba no cárcere a Winnie, a banda de U2 decidiu facer unha canción coas frases das cartas que Nelson Mandela lle mandou a Winnie. Como xa dixemos ao principio o tema principal é o amor, mais non é o único que se intenta transmitir, outro tema que aparece é o tema do amor común e iso ten que ver coa política, en concreto coa cidadanía a cal fixo que a relación amorosa de Nelson Mandela e Winnie se destruíse e tamén representa á xente que estivo no cárcere  inxustamente e o sufrimento que pasaron todas esas persoas.
  • POR QUE  ME GUSTA?
U2 é una banda que me gusta polo son tan característico da guitarra e tamén porque en moitos dos seus temas créanse atmósferas musicais moi interesantes. A voz do cantante paréceme unha voz particular e moi persoal.

Esta canción é simple mais gústame pola combinación de acordes que se empregan, o contraste de figuracións en algunhas partes e sobre todo pola temática da letra.

Patricia




No hay comentarios:

Publicar un comentario