jueves, 30 de mayo de 2013

Love Me in Black.- Doro


Información do grupo

Doro Pesch é unha cantante de Heavy Metal nada en Dusseldorf, Alemaña. É a antiga vocalista da banda Warlock, que acadou a súa maior popularidade na década dos 80. Ao disolverse Warlock, Doro comezou a súa carreira como solista coa que continúa ata hoxe. Ademais das súas propias cancións, Doro tamén inclúe algúns temas do seu antigo grupo nos concertos.


Significado da letra

A canción fala dun amor que esta próximo ao seu fin. A cantante reflexiona sobre como ela e a súa parella chegaron a esta situación e é consciente do papel que ela mesma xogou para chegar a isto. Con todo, a cantante aínda ten a esperanza de que a relación poda salvarse, malia saber que é case imposible.


Estrutura da canción

A canción componse de tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces. A canción comeza co teclado e a batería, aos que se lles incorpora deseguido a voz e por último a guitarra.


Porque me gusta

A canción gústame polo timbre da cantante, pola historia que conta e polo seu ritmo, que durante a maior parte da canción é lento e se fai moito máis rápido ao achegarse o final.




viernes, 24 de mayo de 2013

Beyoncé - I was here

Beyoncé é unha cantante, vocalista, modelo e bailarina estadounidense. A sua carreira musical comenzou a finaiss dos 90 como a vocalista principal do grupo Destiny Child´s xunto a Kelly Rowland e Michelle Williams. Lanza o primeiro album en solitario titulado Dangerously love.
Esta canción pertence ao último albúm titulado 4.

ESTRUCTURA DA CANCION
A canción empeza cun violin e acompañalle a continuacion o piano, e máis adiante na primeira estrofa cando esta a dicir o retrouso escoitanse os xilofonos. O acompañamento de violins estan presentes durante toda a canción, danlle unha sonoridade moi melancólica, tamén a batería . A canción esta formada por tres estrofas e un mesmo retrouso, que se repite tres veces despois de cada estrofa. A forma na que entoa Beyoncé é coma se fora improvisada que ten influencias do Gospel e tamen do Soul.

SIGNIFICADO DA LETRA
É unha balada reflexiva, na que Beyoncé expresa opinións vulnerables do seu pasado, con ganas de deixar un impacto no mundo antes de que a súa vida chegue ao seu fin. O desenrrolo da canción foi motivada polos ataques do 11 de Septembro nos Estado Unidos

PORQUE ME GUSTA
Gustame esta canción polo seu ritmo e a voz da cantante tamen gustame como cantante polo tipo de canciones que fai, sobretodo porque este xénero de música é un dos meus preferidos.

Nerea

viernes, 10 de mayo de 2013

Turning tables-Adele






INFORMACIÓN SOBRE A CANTANTE

Adele é unha cantautora británica de soul, blues e pop que gañou numerosos premios musicais.
Adentrouse pouco a pouco no mundo da música colgando videos en Myspace, onde gañou moitos seguidores e todo isto fixo que fora coñecida en todo o mundo.
O seu éxito culminou co seu último disco 21 no que está incluida esta canción, e co oscar a mellor banda sonora.


ESTRUCTURA

A canción comeza co piano que é o único instrumento que está presente na canción, sen olvidar unha serie de violíns que aparecen nuns momentos determinados da canción sobre todo cara ao final desta. Atendendo a súa estructura, a canción está formada por tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces, unha vez despois de cada estrofa.


SIGNIFICADO DA LETRA

En canto a letra, a canción fala de darlle a volta as cousas xa que a cantante a compuxo despois da ruptura co seu mozo e esta canción exemplifica o motivo de esa ruptura que é que o seu mozo sempre quería estar por riba e tiña a manía de darlle a volta as cousas e tamén Adele expresa nela que vai ser forte e que ese desamor non a vai derribar.


¿POR QUE ME GUSTA?

Esta canción xunto con outras da mesma cantante gústanme pola tímbrica de Adele xa que ten unha voz moi potente e ao mesmo tempo moi dulce e tamén porque na maior parte das súas cancións como ocorre nesta o instrumento principal e o piano que é o meu instrumento favorito debido ao seu carácter intimista.




Claudia


jueves, 9 de mayo de 2013

NOCHES EN VELA DE LA SENDA DE AFRA


1.INFORMACIÓN DO GRUPO
La Senda De Afra é un grupo de pop-rock coruñés formado en 2008 .
O grupo inicialmente estaba formado por unha cantante(Sheila),unha guitarrista (Patricia Varela),un baixísta(Ezequiel) e unha batería(Olalla).
La Senda de Afra gañou varios premios en distintos concursos como o concurso ‘’Nordés 40 principales’’ no que conseguen o primeiro posto, o concurso Querostar no que tamén son os gañadores, e tamén gañoaron a 1ª edición do concurso Beefeter London Sessions, onde participaban máis de 230 bandas de toda España,a final prodúciuse nun evento en Madrid no que La Senda De Afra foi o gañador e recibiron como premio grabar nos estudios ‘’Abbey Road’’ onde grabaron os Beatles,oasis,pink Floyd e moitos máis grupos coñecidos.
A gran experiencia de grabar nos estudios ‘’Abbey Road’’ foi a despedida Da guitarrista Patricia Varela a cal tivo que abandonar o grupo por motivos laboráis.
Nese verán prodúcese un cambio de postos no grupo onde Ezequiel volve aos seus orixes, á guitarra eléctrica e entra na formación Patricia Insua ao baixo eléctrico.
La Senda De Afra segue tocando,preparando novos proxectos e aumentando o número de seguidores.
2.TEMA DA CANCIÓN
En canto a letra da canción trata sobre o desamor e sufrimento e o optimismo. Na canción exprésase a idea de que hai que mirar sempre cara adiante cando se sae dunha relación, e que non debemos amargarnos porque o noso pasado e o transnoitar serven de aprendizaxe para non volver a cometer o mesmo erro, tamén se fai fincapé á expresión de que ‘’o tren só pasa unha vez’’, é decir que se a persoa que te deixou quere volver contigo xa non vai ter ninguna posiblidade para volver a retomar a relación de novo.

3.ESTRUCTURA DA CANCIÓN
A canción comeza con unha introducción marcando na batería negras no charles, as guitarras fan corcheas e a todo isto súmaselle a voz, despois engadese a liña do baixo con notas agudas e a batería incorpora o bombo e a caixa ,o baixo marca o comezo da primeira estrofa con un pequeno descenso de notas.
Na primeira estrofa o ritmo é semellante ao do principio pero coa variación da altura do baixo e dunha das guitarras, a outra guitarra marca as partes fortes do compás e a batería fai un ritmo co bombo,a Caixa e o charles e acaba golpeando un plato.
Despois da introducción e da primeira estrofa ven o retrouso da canción que se marca facendo paradas no ritmo. Nos silencios é onde se incorpora a voz e onde se canta o retrouso da canción, despois incorpórase unha pequena ponte.
A continuación introdúcese a segunda estrofa da canción que rítmicamente é prácticamente igual que a primeira que escoitamos só que ao final da estrofa escoitamos que a batería toca co charles aberto e a letra cambia,a marca do charles aberto xa nos avisa de que se volve de novo ao retrouso.
Logo viría o punteo da guitarra eléctrica,a batería mantense co mesmo ritmo e o baixo engade unhas notas da escala pentatónica para adornar,nesta parte a voz está ausente.
Despois do punteo a pequena ponte está transportada.
Finalmente volvese a tocar o retrouso pero varía o ritmo da batería ao final do retrouso,só se aprecia o bombo e a Caixa e despois desa marca da batería xa se da paso ao final da canción, con un punteo da guitarra a canción remata acortando as notas e a última é longa.
Acanción está formada por:
-Introdución
-Estrofa
-Retrouso
- Pequena Ponte
-Estrofa
-Retrouso
-Punteo Guitarra
-Variación da pequena ponte
-Retrouso
-Final

5.POR QUE ME GUSTA?
A canción gústame moito polo rítmo sólido que ten,é un son potente, compacto e moi rítmico, o pop rock é un dos diversos estilos musicais que me gustan e a letra da canción é pegadiza. Esta canción tamén me gusta moito polos cambios de ritmo entre os ritmos con pausas e os ritmos mais continuos da canción.
E tamén me gusta porque se pode apreciar a influencia dos distintos estilos musicais de cada compoñente como o heavy,o pop-rock e o rock.





Máis vídeos deste grupo.



miércoles, 8 de mayo de 2013

miércoles, 1 de mayo de 2013

Charlotte Perrelli (hero)


 
Charlotte perrelli e una cantante sueca, de varios estilos, pop, baladas, rock..entre outros..
 
Foi a representante de Suecia, no ano 1999 en Eurovisión, coa canción Tusen Och En Natt  traducido seria..Mil y una noche..
A través de esa victoria fíxose moi coñecida en Suecia e nos países veciños. Nove anos despois ela vólvese presentar o Melodifestivalen (concurso de selección de representante..) e consegue representar outra vez o seu país con esta canción..pero a mala sorte quixo que quedara con 54 puntos no duodécimo posto.
 
A canción gústame por que e una cantante que me asombra, o seu timbre de voz e moi bo...e porque me motiva nos malos momentos
 
En canto a sua estructura a canción comeza cos aplausos do  público, tras o que soa a percusión, que marca o ritmo da obra, comeza a cantar Charlotte, a música sincronizase cos pasos que fai, volve sonar a percusión, Charlotte volve cantar, pouco despois aparecen as coristas..(Dea e Victoria), cantan a ritmo o estribillo, o primeiro ponte producese ca entrada dos coristas masculinos pouco mais adiante o ponte principal aparece.
A estructura é, pois,  estrofa-estribillo-estribillo-estrofa.
 
O texto da canción non ten un gran valor, o que é normal,  .xa que en Eurovisión a maior parte da xente que acode, non entende/fala o ingles correctamente..deste xeito  a letra ten so un valor musical para que soe ben e sexa brillante
 
Espero que vos guste! ;)
 
Antón