viernes, 10 de mayo de 2013

Turning tables-Adele






INFORMACIÓN SOBRE A CANTANTE

Adele é unha cantautora británica de soul, blues e pop que gañou numerosos premios musicais.
Adentrouse pouco a pouco no mundo da música colgando videos en Myspace, onde gañou moitos seguidores e todo isto fixo que fora coñecida en todo o mundo.
O seu éxito culminou co seu último disco 21 no que está incluida esta canción, e co oscar a mellor banda sonora.


ESTRUCTURA

A canción comeza co piano que é o único instrumento que está presente na canción, sen olvidar unha serie de violíns que aparecen nuns momentos determinados da canción sobre todo cara ao final desta. Atendendo a súa estructura, a canción está formada por tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces, unha vez despois de cada estrofa.


SIGNIFICADO DA LETRA

En canto a letra, a canción fala de darlle a volta as cousas xa que a cantante a compuxo despois da ruptura co seu mozo e esta canción exemplifica o motivo de esa ruptura que é que o seu mozo sempre quería estar por riba e tiña a manía de darlle a volta as cousas e tamén Adele expresa nela que vai ser forte e que ese desamor non a vai derribar.


¿POR QUE ME GUSTA?

Esta canción xunto con outras da mesma cantante gústanme pola tímbrica de Adele xa que ten unha voz moi potente e ao mesmo tempo moi dulce e tamén porque na maior parte das súas cancións como ocorre nesta o instrumento principal e o piano que é o meu instrumento favorito debido ao seu carácter intimista.




Claudia


No hay comentarios:

Publicar un comentario