jueves, 9 de mayo de 2013

NOCHES EN VELA DE LA SENDA DE AFRA


1.INFORMACIÓN DO GRUPO
La Senda De Afra é un grupo de pop-rock coruñés formado en 2008 .
O grupo inicialmente estaba formado por unha cantante(Sheila),unha guitarrista (Patricia Varela),un baixísta(Ezequiel) e unha batería(Olalla).
La Senda de Afra gañou varios premios en distintos concursos como o concurso ‘’Nordés 40 principales’’ no que conseguen o primeiro posto, o concurso Querostar no que tamén son os gañadores, e tamén gañoaron a 1ª edición do concurso Beefeter London Sessions, onde participaban máis de 230 bandas de toda España,a final prodúciuse nun evento en Madrid no que La Senda De Afra foi o gañador e recibiron como premio grabar nos estudios ‘’Abbey Road’’ onde grabaron os Beatles,oasis,pink Floyd e moitos máis grupos coñecidos.
A gran experiencia de grabar nos estudios ‘’Abbey Road’’ foi a despedida Da guitarrista Patricia Varela a cal tivo que abandonar o grupo por motivos laboráis.
Nese verán prodúcese un cambio de postos no grupo onde Ezequiel volve aos seus orixes, á guitarra eléctrica e entra na formación Patricia Insua ao baixo eléctrico.
La Senda De Afra segue tocando,preparando novos proxectos e aumentando o número de seguidores.
2.TEMA DA CANCIÓN
En canto a letra da canción trata sobre o desamor e sufrimento e o optimismo. Na canción exprésase a idea de que hai que mirar sempre cara adiante cando se sae dunha relación, e que non debemos amargarnos porque o noso pasado e o transnoitar serven de aprendizaxe para non volver a cometer o mesmo erro, tamén se fai fincapé á expresión de que ‘’o tren só pasa unha vez’’, é decir que se a persoa que te deixou quere volver contigo xa non vai ter ninguna posiblidade para volver a retomar a relación de novo.

3.ESTRUCTURA DA CANCIÓN
A canción comeza con unha introducción marcando na batería negras no charles, as guitarras fan corcheas e a todo isto súmaselle a voz, despois engadese a liña do baixo con notas agudas e a batería incorpora o bombo e a caixa ,o baixo marca o comezo da primeira estrofa con un pequeno descenso de notas.
Na primeira estrofa o ritmo é semellante ao do principio pero coa variación da altura do baixo e dunha das guitarras, a outra guitarra marca as partes fortes do compás e a batería fai un ritmo co bombo,a Caixa e o charles e acaba golpeando un plato.
Despois da introducción e da primeira estrofa ven o retrouso da canción que se marca facendo paradas no ritmo. Nos silencios é onde se incorpora a voz e onde se canta o retrouso da canción, despois incorpórase unha pequena ponte.
A continuación introdúcese a segunda estrofa da canción que rítmicamente é prácticamente igual que a primeira que escoitamos só que ao final da estrofa escoitamos que a batería toca co charles aberto e a letra cambia,a marca do charles aberto xa nos avisa de que se volve de novo ao retrouso.
Logo viría o punteo da guitarra eléctrica,a batería mantense co mesmo ritmo e o baixo engade unhas notas da escala pentatónica para adornar,nesta parte a voz está ausente.
Despois do punteo a pequena ponte está transportada.
Finalmente volvese a tocar o retrouso pero varía o ritmo da batería ao final do retrouso,só se aprecia o bombo e a Caixa e despois desa marca da batería xa se da paso ao final da canción, con un punteo da guitarra a canción remata acortando as notas e a última é longa.
Acanción está formada por:
-Introdución
-Estrofa
-Retrouso
- Pequena Ponte
-Estrofa
-Retrouso
-Punteo Guitarra
-Variación da pequena ponte
-Retrouso
-Final

5.POR QUE ME GUSTA?
A canción gústame moito polo rítmo sólido que ten,é un son potente, compacto e moi rítmico, o pop rock é un dos diversos estilos musicais que me gustan e a letra da canción é pegadiza. Esta canción tamén me gusta moito polos cambios de ritmo entre os ritmos con pausas e os ritmos mais continuos da canción.
E tamén me gusta porque se pode apreciar a influencia dos distintos estilos musicais de cada compoñente como o heavy,o pop-rock e o rock.





Máis vídeos deste grupo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario