jueves, 30 de mayo de 2013

Love Me in Black.- Doro


Información do grupo

Doro Pesch é unha cantante de Heavy Metal nada en Dusseldorf, Alemaña. É a antiga vocalista da banda Warlock, que acadou a súa maior popularidade na década dos 80. Ao disolverse Warlock, Doro comezou a súa carreira como solista coa que continúa ata hoxe. Ademais das súas propias cancións, Doro tamén inclúe algúns temas do seu antigo grupo nos concertos.


Significado da letra

A canción fala dun amor que esta próximo ao seu fin. A cantante reflexiona sobre como ela e a súa parella chegaron a esta situación e é consciente do papel que ela mesma xogou para chegar a isto. Con todo, a cantante aínda ten a esperanza de que a relación poda salvarse, malia saber que é case imposible.


Estrutura da canción

A canción componse de tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces. A canción comeza co teclado e a batería, aos que se lles incorpora deseguido a voz e por último a guitarra.


Porque me gusta

A canción gústame polo timbre da cantante, pola historia que conta e polo seu ritmo, que durante a maior parte da canción é lento e se fai moito máis rápido ao achegarse o final.




No hay comentarios:

Publicar un comentario