domingo, 29 de marzo de 2015

CELTIC CONNECTIONS - Odaiko Percussion Group & Friends

Este grupo de percusionistas rompe o esquema de grupo coñecido, xa que non utilizan máis ca instrumentos de percusión e incluso obxectos da vida cotiá; é dicir, non contan con piano, clarinete, guitarra,etc
Moitas veces cantantes e outros músicos colaboran con eles, por iso o nome do grupo inclúe 'and friends'.
Caracterízanse por mesturar todo o conxunto da percusión con instrumentos e cancións do folclore galego (muiñeiras, xotas, etc)
A canción que elixin paréceme un bo exemplo disto e  de que a música galega cun par de arranxos, pódenos chegar a sorprender.
A estrutura desta canción consta de catro partes: na primeira comeza o convidado Anxo Lorenzo cun solo coa súa 'gaitarra' como el lle chama, porque como veredes a continuación vaina tocar dun xeito moi peculiar, conseguindo que o son producido imite ao dunha guitarra eléctrica; na segunda engádense os instrumentos de percusión, concretamente unha marimba, un vibráfono e uns toms que fan o ritmo, acompañando á melodía principal feita pola gaita; na terceira parte deixan de tocar as láminas e a gaita e pasan a facer unha melodía rítmica; na parte final, volven tocar todos de novo ata o remate


No hay comentarios:

Publicar un comentario