domingo, 10 de marzo de 2013

Con un ramito de violetas

Esta canción titúlase "un ramito de violeta", é dunha cantautora dos 70 chamada Cecilia e é unha canción "narrativa", cóntanos unha historia, cara aí deriva o noso  interese. A música queda nun segundo plano, convertíndose nun acompañamento da historia que narra.

A música basease nunha melodía que se repite ao longode toda a canción, sen apenas ningunha modificación nos retrousos, que apreciamos pola repetición da letra enos cambios de estrofas. Estaríamos ante unha forma estrófica.

A melodía na voz feminina da cantante é acompada polo punteo da guitarra española e sobre unha leve base de batería, ao longo da canción se lle suman outros instrumentos como os violíns e o bandoneón.

A historia é case de desamor, cóntanos a relación dunha parella de casados na que apenas hai comunicación. A muller recibe cartas anónimas e ramiños de violetas que ela vive como unha gran paixón secreta da que tira forzas apra vivir. Ao final da canción, sabemos que é o seu home o que lle envía esas cartas e flores que como non sabe amosarlle o seu amor á cara faino de forma anónima. Ela é unha muller que non precisa grandes cousas para acadar a felicidade.

É unha canción poética e subxectiva, da que cada un pode tirar a súa conclusión respecto da relación que une a esa parella.





Jennifer

No hay comentarios:

Publicar un comentario