viernes, 30 de noviembre de 2012

APOCALYPTICA(NOT STRONG ENOUGH)



1.INFORMACIÓN DO GRUPO

Apocalyptica é unha banda de metal sinfónico  formada en Helsinki, Finlandia en 1992 formado por catro violochelistas graduados na académia de música clásica Sibelius .Esta banda é coñecida fundamentalmente por tocar  cancións de Hard rock/Heavy Metal con violonchelos,xa que isto se sae fora do normal tocar estos estilos con violonchelos.

2.SIGNIFICADO DA LETRA

A canción not strong enough de Apocalyptica fala sobre o amor que sente o protagonista  por unha moza,o protagonista expresa os seus sentimentos  dicindo que non pode vivir sin ela porque sentese sen forzas para afastarse da moza .Tamén di que  quere estar ao seu lado e ao mesmo tempo marchar pero o seu corazón anula a súa mente facendo que non poida marchar e vivir sen ela,digamos que a moza reina o corazón do protagonista provocandolle así tanto sufrimento e tanta indecisión.


3.ESTRUCTURA DA CANCIÓN

A canción comeza con unha introducción instrumental con un violonchelo facendo unha melodía mentres os outros violonchelos están facendo unha base  en pizzicato e con notas. Despois diso comeza a voz ca 1º estrofa e cando acaba a estrofa únese a batería e comeza o estribillo, a unión da batería cos violoncellos e a voz fai que a canción gañe peso e forza ,a continuación para pasar á seguinte estrofa empregase a melodía do principio como unha pequena ponte para dar paso á  2º estrofa,na cal podemos observar unha base rítmica dos violonchelos e algunhas notas que adornan esa base , despois da 2º estrofa volvería de novo o estribillo, logo viría unha ponte e volvería ao estribillo pero neste estribillo engadeselle un solo e finalmente canción remata co ritmo que comezou ao principio cos violonchelos.

A canción está formada por 1. introducción,2. estrofas,3.  estribillos e 1. ponte.


4.POR QUE ME GUSTA?

Esta canción gústame polo clímax que se  xenera no estribillo,no cal a canción gaña moito peso e forza e tamén me gusta na maneira de expresar os sentimentos mediante o estilo musical, é decir en fusionar  a melodía triste da introducción co rítmo sólido do estribillo.





Outra versión, onde os pizzicatos resultan máis apreciables




Patricia

sábado, 24 de noviembre de 2012

Copenhague.- Vetusta Morla



INFORMACIÓN SOBRE O GRUPO

Vetusta Morla é unha banda que nace en Madrid e o xénero musical que interpretan é o rock alternativo. O nome do grupo provén do libro “La historia interminable” xa  que Morla é a tartaruga anciá á que o protagonista acode en busca de respostas. Os componentes do grupo puxéronlle  o adxetivo Vetusta que significa vello o que deu como resultado o nome de Vetusta Morla.

SIGNIFICADO DA LETRA

A canción Copenhague de Vetusta Morla fala sobre a inmigración, é dicir, ol valor de marcharse do teu  país e o medo a chegar a outro porque o que fas é xogar ao azar e  non sabes onde vas acabar. Fala también dos viaxeiros pero sobre todo dos inmigrantes ilegais que marchan do seu país fuxindo das guerras e da penuria e o que queren é empezar unha vida mellor e deixarse levar pola corrente.
 
ESTRUTURA DA CANCIÓN

A canción consta de 3 estrofas una delas e a conclusión da canción e un retrouso que se repite 3 veces na canción.
Comeza a orquestra dunha maneira moi clásica e a medida que avanza a canción vanse unindo os compoñentes do grupo. O  final é como o comezo só ca orquestra e cunha guitarra. A partir do 1 estribillo a canción vai  paulatinamente en crecendo ata o final que diminúe un pouco a intensidade antes de rematar.

¿POR QUE ME GUSTA?

Elexín esta canción polo significado da súa letra xa que fala da inmigración que é un feito que esta moi presente nos últimos anos. Por outra banda gústame a voz do cantante porque é diferente e orixinal.

Claudia




viernes, 23 de noviembre de 2012

Na Prensa

Isto é o que atopei na prensa de hoxe. E repito, grazas e parabéns. 

La opinión

Cadena Ser



Na Voz de Galicia tamén saiú pero só na versión impresa. Déixovos escaneada a nova. E, desculpade, porque non sei por qué  non está a cor, despois a reviso.




jueves, 22 de noviembre de 2012

Grazas a todos

Veremos se as nosas reclamacións terán exito e tamén se serán oídas. Polo menos foi unha xornada festiva e divertida, e vemos que a nosa performance é recollida nas axencias nacionais xunto co resto das actividades programadas a nivel estatal.


cadena ser

euronews

Un saúdo  e grazas a todos por esta mañá

lunes, 12 de noviembre de 2012

Generation Kill- CAPITAN MORGAN




Capitan Morgan é un grupo coruñés formado en 2006.
O seu estilo de música principal é o Rock n´roll, fan versións de cantantes coma Bruce springsteen ,AC/DC , Metálica... , e tamén teñen temas propios.
O grupo e estandar.

Descripción da canción :
Esta canción describe unha xeración de xoves que lles enganaban decindo que ían loitar pola paz , cando en realidade a busca da paz costaba a vida de moitas persoas , polo tanto , é unha reivindicación do contrasentido que é loitar pola paz cando hai que matar por ela , cando na procura da paz non se debería sufrir.
Aparte sempre se enganan ós mesmo , xente pobre e sen recursos económicos porque saben que necesitan o diñeiro sin embargo , as familias poderosas e con moitos ingresos nunca ían a guerra .
Todo o que lle din de esa loita non é como se conta , só hai lágrimas , dor e sufrimento.
Ó final esa paz prometida nunca chega.

Estructura da canción :
É unha canción de base rítmica potente, que se podía encasillar no estilo de Rock dos anos 80 ou incluse de anos atrás.
Musicalmente comeza cun son progresivo sobre a escala de DO con os seguintes acordes : DO, MI m, FA e DO , SOL , FA.Esa progresión é a base da canción .
O final é a misma progresión pero sobre a escala de RE para que colla potencia a canción porque é máis épico.
Componse cun 4/4 como casi todas as cancións de Rock.
O protagonista é a letra non a música.As guitarras cada unha fai unha liña distinta musical e no medio da canción aparece coma un son dun helicóptero lanzado dende un teclado.

Por que me gusta?:
Esta canción gústame porque ten moito sentimento , xa que é unha revindicación contra os abusos que fan os de arriba hacia ó pobo.

Andrea

martes, 6 de noviembre de 2012

Concerto de música

O Concerto de música ao longo da historia e na actualidade



Tomade nota do que se fala na clase

New Tomorrow- One friend in London

A Friend in london: new tomorrow
 
o grupo que vos presento é A Friend In London, este grupo e un grupo procedente de Dinamarca, esta formado por Tim, Sebastiam, Aske e Esben; dito grupo representou a dinamarca no festival de Eurovision no 2011 acadando o posto 5º
 
outras cancions do grupo son: Calling a friend, shoot me...
 
Este grupo gustame porque son un grupo o que admiro, na miña opinion fan boa música, porque cada vez que os escoito faime sacar un sorriso...

Nesta cancion falanos de que desexan un cambio inmediato, no mundo; deste xeito anima os rapaces e rapazas a que lles axuden a facer posible un bo cambio...neste "universo" desigual..
 
o esquema da cancion:
 
consta dun estribillo, formado por unha pseudocapella, o sonido formado polas guitarras da lugar o inicio da primeira estrofa;  a voz principal fai que se modifique o final de cada un dos estribillos..a principal caracteristica desta obra é que é pegadiza, e dinamica ( é dicir e facil de memorizar )
 
case en todas ou en todas as cancions eurovisivas, soen ser deste estilo...para recordar a letra/melodia unha vez que xa non soe... :) 


lunes, 5 de noviembre de 2012

Os héroes do Orzán

Sei que hai pouco tempe, porque tamén a nós chegounos tarde. Aquí tedes a guía didáctica do concerto que ides ver mañá. Hai nel, moitas cousas interesantes. Agardo que vos guste.

Guía didáctica Os heroes do Orzán

fonte abc

viernes, 2 de noviembre de 2012

CAOS NA CIDADE



Aquí tedes os enlaces aos Raps que tivéchedes a ben enviarme. Realmente algún deles é moi bo. Noraboa.

En Rusia. Obra do artista urbano Alexey Menschikov. Via Urban Art


jueves, 1 de noviembre de 2012

Avenged Sevenfold - A Little Piece Of Heaven


Estamos á espera da análise de Angel, pero como escolleu unha canción tan propia destas datas, imos darlle publicidade xa. Avisamos que o vídeo pode ferir sensibilidades, así que colgamos tan só o texto
.