viernes, 30 de noviembre de 2012

APOCALYPTICA(NOT STRONG ENOUGH)



1.INFORMACIÓN DO GRUPO

Apocalyptica é unha banda de metal sinfónico  formada en Helsinki, Finlandia en 1992 formado por catro violochelistas graduados na académia de música clásica Sibelius .Esta banda é coñecida fundamentalmente por tocar  cancións de Hard rock/Heavy Metal con violonchelos,xa que isto se sae fora do normal tocar estos estilos con violonchelos.

2.SIGNIFICADO DA LETRA

A canción not strong enough de Apocalyptica fala sobre o amor que sente o protagonista  por unha moza,o protagonista expresa os seus sentimentos  dicindo que non pode vivir sin ela porque sentese sen forzas para afastarse da moza .Tamén di que  quere estar ao seu lado e ao mesmo tempo marchar pero o seu corazón anula a súa mente facendo que non poida marchar e vivir sen ela,digamos que a moza reina o corazón do protagonista provocandolle así tanto sufrimento e tanta indecisión.


3.ESTRUCTURA DA CANCIÓN

A canción comeza con unha introducción instrumental con un violonchelo facendo unha melodía mentres os outros violonchelos están facendo unha base  en pizzicato e con notas. Despois diso comeza a voz ca 1º estrofa e cando acaba a estrofa únese a batería e comeza o estribillo, a unión da batería cos violoncellos e a voz fai que a canción gañe peso e forza ,a continuación para pasar á seguinte estrofa empregase a melodía do principio como unha pequena ponte para dar paso á  2º estrofa,na cal podemos observar unha base rítmica dos violonchelos e algunhas notas que adornan esa base , despois da 2º estrofa volvería de novo o estribillo, logo viría unha ponte e volvería ao estribillo pero neste estribillo engadeselle un solo e finalmente canción remata co ritmo que comezou ao principio cos violonchelos.

A canción está formada por 1. introducción,2. estrofas,3.  estribillos e 1. ponte.


4.POR QUE ME GUSTA?

Esta canción gústame polo clímax que se  xenera no estribillo,no cal a canción gaña moito peso e forza e tamén me gusta na maneira de expresar os sentimentos mediante o estilo musical, é decir en fusionar  a melodía triste da introducción co rítmo sólido do estribillo.





Outra versión, onde os pizzicatos resultan máis apreciables




Patricia

2 comentarios:

  1. VIVAN LOS VIOLONCELLOS!!!!!Irene quien expuso esta canción? =)

    ResponderEliminar
  2. Canto tardei en respostar. Desculpa Rebe, foi Patricia, unha rapaza que este ano está en primeiro. Estupenda elección, verdade?

    ResponderEliminar