sábado, 24 de noviembre de 2012

Copenhague.- Vetusta Morla



INFORMACIÓN SOBRE O GRUPO

Vetusta Morla é unha banda que nace en Madrid e o xénero musical que interpretan é o rock alternativo. O nome do grupo provén do libro “La historia interminable” xa  que Morla é a tartaruga anciá á que o protagonista acode en busca de respostas. Os componentes do grupo puxéronlle  o adxetivo Vetusta que significa vello o que deu como resultado o nome de Vetusta Morla.

SIGNIFICADO DA LETRA

A canción Copenhague de Vetusta Morla fala sobre a inmigración, é dicir, ol valor de marcharse do teu  país e o medo a chegar a outro porque o que fas é xogar ao azar e  non sabes onde vas acabar. Fala también dos viaxeiros pero sobre todo dos inmigrantes ilegais que marchan do seu país fuxindo das guerras e da penuria e o que queren é empezar unha vida mellor e deixarse levar pola corrente.
 
ESTRUTURA DA CANCIÓN

A canción consta de 3 estrofas una delas e a conclusión da canción e un retrouso que se repite 3 veces na canción.
Comeza a orquestra dunha maneira moi clásica e a medida que avanza a canción vanse unindo os compoñentes do grupo. O  final é como o comezo só ca orquestra e cunha guitarra. A partir do 1 estribillo a canción vai  paulatinamente en crecendo ata o final que diminúe un pouco a intensidade antes de rematar.

¿POR QUE ME GUSTA?

Elexín esta canción polo significado da súa letra xa que fala da inmigración que é un feito que esta moi presente nos últimos anos. Por outra banda gústame a voz do cantante porque é diferente e orixinal.

Claudia




No hay comentarios:

Publicar un comentario