1.INFORMACIÓN DO GRUPO
Apocalyptica é  unha banda de metal sinfónico  formada en Helsinki, Finlandia en 1992  formado por catro violochelistas graduados na académia de música clásica  Sibelius .Esta banda é coñecida fundamentalmente por tocar  cancións de  Hard rock/Heavy Metal con violonchelos,xa que isto se sae fora do  normal tocar estos estilos con violonchelos.
2.SIGNIFICADO DA LETRA
A  canción not strong enough de Apocalyptica fala sobre o amor que sente o  protagonista  por unha moza,o protagonista expresa os seus sentimentos   dicindo que non pode vivir sin ela porque sentese sen forzas para  afastarse da moza .Tamén di que  quere estar ao seu lado e ao mesmo  tempo marchar pero o seu corazón anula a súa mente facendo que non poida  marchar e vivir sen ela,digamos que a moza reina o corazón do  protagonista provocandolle así tanto sufrimento e tanta indecisión.
3.ESTRUCTURA DA CANCIÓN
A  canción comeza con unha introducción instrumental con un violonchelo  facendo unha melodía mentres os outros violonchelos están facendo unha  base  en pizzicato e con notas. Despois diso comeza a voz ca 1º estrofa e  cando acaba a estrofa únese a batería e comeza o estribillo, a unión da  batería cos violoncellos e a voz fai que a canción gañe peso e forza ,a  continuación para pasar á seguinte estrofa empregase a melodía do  principio como unha pequena ponte para dar paso á  2º estrofa,na cal  podemos observar unha base rítmica dos violonchelos e algunhas notas que  adornan esa base , despois da 2º estrofa volvería de novo o estribillo,  logo viría unha ponte e volvería ao estribillo pero neste estribillo  engadeselle un solo e finalmente canción remata co ritmo que comezou ao  principio cos violonchelos.
A canción está formada por 1. introducción,2. estrofas,3.  estribillos e 1. ponte.
4.POR QUE ME GUSTA?
Esta  canción gústame polo clímax que se  xenera no estribillo,no cal a  canción gaña moito peso e forza e tamén me gusta na maneira de expresar  os sentimentos mediante o estilo musical, é decir en fusionar  a melodía  triste da introducción co rítmo sólido do estribillo.
Outra versión, onde os pizzicatos resultan máis apreciables
Patricia



