sábado, 17 de marzo de 2012

Negro Caravel.- Cristina Pato & Rosa Cedrón


Negro caravel :)
Negro caravel é unha canción cantada por Rosa Cedrón, interpretada no piano por Cristina Pato e a orquesta sinfónica de Bratislava. Estas dúas artistas galegas xuntáronse para facer un disco chamado SOAS. É un proxecto que pretende acercala música clásica a todolos públicos e demostrar a audienca mais exixente que a tradición galega está dotada de un rexistro tan amplio que permite a incorporación de elementos orquestais de un modo natural e homoxéneo. Rosa Cedron é unha cantante galega e intérprete de chelo, coñecida por sela voz durante nove anos do grupo Luar na Lubre, así como en colaborar en discos de músicos da talla de Mike Oldfield. Cristina Pato é unha gaiteira e pianista galega e sacou o seu primeiro disco aos 18 anos, e foi a primeira muller gaiteira galega en sacar un disco. A partir de ahí sacou mais discos.
A cancion nos fala do desengaño e a traición hacia o amor dunha muller por parte de seu amado. Son versos da poeta galega Rosalía de Castro incluidos na súa obra ‘’Cantares Gallegos.
Comeza cunha introdución da orquesta bastante contemporánea. Despois a segue Cristina co piano e un acordeón cun ritmo de tango. Rosa comeza a cantar acompañada por toda a orquesta (algunhas veces polos violins e o piano ou polo acordeón....). Comeza outra vez a orquesta soa co piano facendo a melodías os violíns e o piano. Queda so o piano, despois os violíns e volve a comezar a cantar Rosa. Como antes hai moitas intervencións de diferentes instrumentos como a frauta os violíns.... e como non o piano que nestra obra é fundamental. O final é moi dulce.
Como víchedes en outras ocasións intento expoñer música diferente e neste caso creo que tocaba poñer música galega. Despois planteeime escoller diferentes cancións como pode ser lela, negra sombra ou algunha de luar na lubre como memorias da noite, o son do ar o tu gitana, pero ao final collín esta obra porque é un claro exemplo de que non toda a música galega ten que ser gaitas ou muiñeiras senon que tamen hay música ben fermosa que colle poemas de grandes autores como este caso que é rosalía e fai unha mezcla de música clasica co a propia galega. Tamén escollín esta canción porque encantame a súa cantante que é unha das mellores cantantes que ten Galiza e aínda que non a coñecía tamén gustame moito como toca Cristina.

letra:
Negro Caravel
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que reflrexaban traiciós.
“Quixente tanto, meniña
tívenche tan grande amor,
que para mín eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón”
Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!…
“Quixente tanto, meniña
tívenche tan grande amor,
que para mín eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón”
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario