jueves, 2 de junio de 2011

McFly.- Don't Wake Me Up



McFly é unha banda de pop-rock inglesa, nacida no ano 2005. Os seus componentes son Tom Fletcher, Danny Jones (guitarra e voz), Harry Judd (batería) e Dougie Poynter (baixo e coros).

Escollín esta canción porque ademáis de ser un dos meus grupos favoritos, recórdame moito a Queen e os Beatles, dous grupos que tamén encántanme. O encanto de esta canción para mi é a serenidade que transmite, e como os coros ao principio de cada ponte van introducindo a voz principal. O contraste das dúas voces principales, aínda que nesta canción sexa Danny Jones o que leve a maior parte do protagonismo, gústame porque son bastante diferentes pero harmonízanse perfectamente. A voz de Danny é moito máis chamativa, por así dicilo, unha voz que tira máis ao rock e cun estilo máis "persoal", e a de Tom ten más rexistro e é máis dulce e suave. O xuntar estes dous tipos de voces e conseguir que queden tan ben é o que os fai especiais.

Outra cousa que chámame a atención son os sólos das guitarras como paso dun estribillo á posterior ponte e sobretodo cando a canción está a piques de rematar que ten un solo moito máis longo e chamativo.

Ademáis diso, a letra cobra unha gran importancia, xa que ten unha sensibilidade especial ao transmitir o sentimento que se ten ao estar enamorado.






Nuria Someso Gándara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario