jueves, 3 de marzo de 2011

Building A Family

O autor da peza que escollín é Mark Isham un compositor estadounidense ganador dun Premio Emmy(mellor música de un tema principal), un Grammy e candidato aos Óscar e aos Globos de Ouro.
Compuxo a banda sonora de numerosas bandas sonoras, como por exemplo a da película : "Kiss the Girls".
É un dos compositores máis importante de Hollywood.
A primeira vez que escoitei e obra de Mark Isham que escollín foi no Nadal dun anuncio de Codorníu.

É unha melodía moi sinxela que está formada por un mesmo ostinato rítmico que só varía cando se achega ao clímax da obra.
A beleza desta obra atópase na tensión que crea a monotonía da melodía e o mesmo ritmo marcado do piano que se rompe cando se desata o clímax.
A obra está interpretada por un sintetizador,que imita o son das cordas e un piano.
A melódia que imita ás cordas é máis tranquila e en contraposición o piano aporta un toque máis inquieto.
Esta obra gustame pola inversión ritmica que se produce no punto de máxima tensión, cando o piano pasa a ter un ritmo máis sincopado que durante o resto da melodía.
Dende que escoitei esta peza, descubrín o traballo de Mark Isham que me parece fantástico, xa que recrea con perfección o tema desexado, paréceme un xenio da música programática.Ademáis encántame o timbre doce e a mezcla de ritmo sincopado e tético co que toca o piano.
A obra Building A Family( construíndo unha familia)pertence ao álbum Life As A House.

Andrea Ledo Carballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario