lunes, 13 de diciembre de 2010

Melodías Ocultas



Este foi o segundo podcast que empregamos para facer pesquisas e tratar de recoñecer as músicas que Fernando Palacios emprega como exemplos para explicar as melodías ocultas.

Están son algunahs das atopadas e que deberíades incluir na vosa libreta de audicións

min. 0:00 "So early in the morning" É unha versión diferente, pero é a mesma canción folclórica.



min 7:38 "Erbarme dich, mein Gott" La Pasión según San Mateo, J. S. Bach



min 11.44 "Central Park in the dark" Charles Ives



min 13:09 Melodía gregoriana do Pange Lingua



min 13:29 Kirye da misa que sobre o Pange Lingua escribiu o compositor flamenco Josquin Desprez



min 15:50 A fuga que tanto nos deu que pensar. Fuga nº 3 en Do#M do libreo nº 1 do Clave ben Temperado. Escoitemos a versión de Glenn Gould, que sí é certo e evidente que me encanta, e tamén que é insuperable no piano, xa que na actualidade esta obra non se acostuma a gravar ao piano.



min 19:08 "Guía Orquestral para novos" Benjamin Britten. Importantísima obra para coñecer a orquestra sinfónica que traballeremos na segunda avaliación.



min 19:28 "variacións para vento-madeira e vento-metal"



min 20:52 "Variacións sobre un tema de Paganini" Serguei Rachmaninov



min 23:00 A fermosísima nana "summertiem" da Ópera Porgy and Bess de Gershwin na fermosísima versión jazzística de Ella Fitzgerald.



min 24: 59 Carioca, canción de moda na época das big-bands aquí a tedes bailada por Fred Astaire e Ginger Rogers.



Non estou segura si é esta obra a que soa de Anton Webern no min 28:15 pero é moi similar e desde logo responde ao tipo de melodía de timbres. Sinfonia nº 21





E por suposto todos sabíamos que no min 28:56 soa a 5ª Sinfonía de Beethoven en do m. Aproveitade esta versión para seguir as liñas melódicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario