jueves, 29 de enero de 2015

Young and Beatiful- Lana del Rey


Como introduccion parece importante decir que Lana escribiu a canción orixinal Young and Beatiful para a banda sonora da adaptación cinematográfica de 2013 de The Great Gatsby.A canción deuse a conhecer en numerosos programas de radio de música contemporánea. Un fragmento da canción apareceu no trailer oficial da película e sonou durante a escena na que os personaxes interpretados por Leonardo DiCaprio e Carey Mulligan expresan mutuamente seus sentimientos románticos entre eles. 

Elexin esta cancion porque reúne todos os elementos característicos da música de Lana Del Rey na sua máxima expresión: Melodía melancólica, tono nostálgico, producción orquestral e unha letra preciosa. Impresioname moito a sua tematica, xa que fala da perduridade do amor, e como o plasma ca sua letra. Ademais gustame moito os contrastes que fai o acompanhamento, que pasa de piano a forte, e ao reves, o que fai desta cancion unha composicion moi interesante e nada monotona. O seu caracter e triste e penso que sabe chegar asi a todo o mundo.
Por outra parte pareceme moi curioso a riqueza da súa instrumentación e a cantidade de instrumentos que agrupa dende percusion, pasando por clarinetes,trombons violins, contrabaixos...
En resumo, a mezcla de melancolia e a emocion, que xoga cas fases ou etapas do amor, fai unha cancion limpa e delicada.

Lydia



No hay comentarios:

Publicar un comentario