domingo, 5 de octubre de 2014

Se a Cabo ~ Santana





A canción que escollín para presentar chámase Se A Cabo, é unha canción de Carlos Santana pertencente o seu disco Abraxas, (na miña opinión o seu mellor disco.)

Santa é un guitarrista de orixe mexicano, considerado un dos mellores no ámbito da guitarra eléctrica. Debutou no 1965 coa súa Santana Blues Band e, só catro anos máis tarde, asombrou ó festival Woodstock no seu ano máis memorable, xunto a outros artistas coma Jimi Hendrix, Creedence, The Who, Janis Joplin...

A música de Santana caracterízase por ter unha influencia enorme da música latina tradicional, a maioría das súas cancións son instrumentais e nelas a guitarra leva a melodía principal.

Se A Cabo: 

A canción abre cunha introdución na que se van sumando distintos instrumentos de percusión latina que levaran o ritmo na canción, son estos unhas congas, unhas tumbadoras, un cencerro, unhas timbaletas, un set de platos con chaston e posteriormente unhas maracas.

Logo comeza a primeira estrofa na que predomina o teclado acompañado pola guitarra e coa base da percusión, repítese dúas veces, hai unha ponte cuns cortes e comeza a segunda estrofa.

Na segunda estrofa é a guitarra quen leva a melodía principal, tras uns 15 compases a percusión queda sóa co baixo eléctrico mentras solean as timbaletas.

Novamente, incorpóranse a guitarra marcando 3 acordes que forman a melodía principal da canción (xunto neste caso coa voz, dicindo Se A Cabo), desta forma comeza o estribillo que se repite dúas veces introducindo pequenas melodías do teclado e a guitarra a modo de improvisacións.

Logo disto comeza a parte final, a guitarra toca unha melodía por riba dunha nota alta do teclado, vai aumentando a intensidade e a tensión coa axuda do chaston resolvendo finalmente con toda a instrumentacion tocando os 3 acordes ó unísono cun carácter forte tres veces seguidas, introducindo un compás de solo de percusión as dúas primeiras veces, e dous a continuación da última.


Por qué a escollín:

Aínda que este disco ten varias das grandes cancións de Santana (Oye Como VaSamba Pa Ti, Black Magic Woman...) escollín esta canción porque gústame particularmente a parte que ten a percusión, sendo a música latina o estilo musical coa mellor percusión de parche e de metal.

Tamén gústame a tremenda personalidade que lle dá Santana a guitarra, sendo instrumentais a maioría das cancións e sendo esta o instrumento principal (aínda que isto e moito máis visible noutros temas coma El Farol ou Europa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario