viernes, 27 de septiembre de 2013

Californication- Red Hot Chili Peppers (VERSIÓN DE IRLANDA-SLANE CASTLE 2003):



En primeiro lugar comezarei por explicar que está non é a versión orixinal da canción, senón un directo do festival en Slane Castle en Irlanda.

¿Porqué escollín a versión en directo? Porque considero que a versión orixinal está moi baleira. A verdadera emoción esta no directo: O solo e mellor, hai unha introducción por parte do baixo e da guitarra, o cantante canta doutra maneira..

¿Por qué Slane Castle? Porque o son da guitarra é puro sen abuso de distorsión. ( xa que se non estas acostumado a distorsión, pode soar raro e ademáis é unha das gravación que mellor se escoita)






OS RED HOT CHILI PEPPERS:

O grupo estaba formado por o guitarrista John Frusciante, o Baxista "Flea", o cantante Anthony Kiedis e o batería Chad Smith. Actualmente o guitarrista Jhos Klinghoffer substitue a John F na guitarra.

A banda formouse nos Estados Unidos e esta catalogada dentro do xénero funk rock; aínda que resulta imposible encadrala dentro dun xénero específico xa que recolle un pouco do punk,rock,rap(a voz do cantante e as letras moitas veces riman)...étc

O TÍTULO DA CANCIÓN:

Californication = Ven a ser california + fornicación

SIGNIFICADO DA LETRA:

O proceso de composición de canción según a propia banda foi moi difícil:

A canción comenza co verso : espías psíquicos de China tratan de roubar a euforia da túa mente

Pois ben o que o que o autor quere dicir non é nada en realidade,o que pasa e que un día o cantante escoitou a unha muller gritando iso e o inclui na canción.

Polo demáis fai referencias ao lado oscuro de Hollywood, a ciruxía plástica e a ponografía, incluso fai referencias a un planeta de Star Wars( Alderaan) e as películas de Star Trek.(O espacio pode ser a última fronteira). Tamén fai referencia a unha autora de novelas e a Kurt Cobain.

ESTRUTURA DA CANCIÓN:

Versión de Slane Castle:

- INTRODUCCIÓN BAIXO E GUITARRA
- RIFF PRINCIPAL + VERSOS
- PONTE + VERSOS
- RETROUSO
- RIFF PRINCIPAL + VERSOS
- PONTE+ VERSOS
- RETROUSO
- SOLO DE GUITARRA (ACOMPAÑAMIENTO BAIXO E BATERÍA)
- RIFF PRINCIPAL + VERSOS
- PONTE + VERSOS
- ESTRIBILLO


INTRODUCCIÓN, RIFF E SOLO:

Da introducción do baixo e da guitarra especulase que foi improvisada, o cal é moi probable xa que non goza de tanta complexidade como o solo e usa moito as escalas pentatónicas (Estou casi seguro de que son pentatonicas, poden ter algunhas modificacións).Tamén cabe decir que é unha introducción rica en técnicas de guitarra ( no baixo non me meto que non o coñezo) tales como martilleo,bends, arpegios... Unha das partes cousa máis curiosas da introducción é que non ten unha textura homofonica, senón polifonica, quero decir que o baixo non acompaña a guitarra; en realidade a guitarra está tocando a súa melodía o baixo por outra, están a tocar melodías completamente distintas, de feito o baixo e a guitarra nalgunhas partes levan diferentes ritmos.

Do riff principal podo decir que é como un diálogo entre o baixo e a guitarra.( A guitarra da tres notas o baixo contesta, a guitarra da outras tres notas e o baixo acaba a frase.)

O solo é en mi opinión unha das partes máis complexas da canción, xa que a pesar de que utiliza escalas, non as utiliza tan seguidas como na introducción é ademáis e rico en técticas poden apreciarse moitos bends=subir as notas medio tono tirando das cordas cara arriba ( con eles crea o clima do solo), unha das cousas máis interesantes dos solos da canción californication e que o artista sempre regresa ao final ao punto culminante ,ou remata xa directamente nel. Deixando a tensión no aire ou deixando como inacabado o solo.


Ao ser unha canción en directo as veces improvisan algo, incluso o cantante as veces.


¿POR QUÉ ME GUSTA?


Porque é unha canción moi completa, a introducción incorpora técnicas e sons que eu nunca antes escoitara.
En canto o solo é un dos máis emotivos que coñezo (non o máis,pero casi. Con emotivo refirome a que consegue crear un clímax de boa maneira). O batería leva moi ben o ritmo e o cantante ten un timbre de voz que me parece bo é ten un bo directo.



JUAN MANUEL

No hay comentarios:

Publicar un comentario