jueves, 30 de septiembre de 2010

Redemption song

Segunda semana de curso, e segunda canción da nosa selección. Hoxe escolleu Daniela unha canción do mítico Bob Marley. Redemption Song




A diferencia da maior parte dos temas de Bob Marley, "Redemption Song" é unha gravación acústica en solitario cun estilo folclórico onde bob toca a guitarra e canta sen ningún acompañamento instrumental extra. Na súa letra promove a liberación da xente das súas propias imposicións mentais. (wikipedia)

Realmente é o reagge un dos movementos con máis persoalidade de todo o século XX. Así que supoño que se asomará máis veces a esta selección.

sábado, 25 de septiembre de 2010

DESCUBRE OS ELEMENTOS DA MÚSICA

Supoño que xa tedes rematado o cuestionario do podcasts de "¿qué é o que máis nos gusta?". Se alguen non o atopou, está na primeira entrada "comezamos".






Agora vos presento o tema e o traballo desta segunda semana de clase. "Os elementos da música", e entre todos os demáis exercicios que imos realizar, escoitaremos outro programa de sonido e oido de Fernando Palacios, co seu correspondente cuestionario. Aquí tedes o enlace.

Descubre los elementos de la música (sonido y oido)

A primeira canción da nosa selección musical

Imos ir colocando aquí as músicas que escollíchedes como favoritas para ir facendo a nosa selección musical.

Comezou Elena e esta a canción que escolleu.



Dí a wikipedia que no ano 1994 Brian Adams, Sting e Rod Stewart formaron un trío inolvidable para a canción "All For Love" (letra que foi escrita nunha soa noite), e que foi a B.S.O. da pelícual "Os Tres Mosqueteros". É realmente unha preciosa canción que vai inaugurar o noso blogue.


Despois de comezado o curso, e cando xa imos coñecendo

sábado, 18 de septiembre de 2010

COMEZAMOS

A partir de hoxe este vai ser o noso punto de encontro. Aquí imos ir colgando enlaces de Interese, músicas que nos gusten ou que non nos gusten pero que queiramos compartir. Invítovos a visitalo e a participar.

Este interesante podcasts vainos permitir comezar o curso e falar.

¿qué es lo que más nos gusta?