Porque as etiquetas as veces son prescindibles, e porque o humor con música non ten barreiras. Agardo que vos guste.
;
Mostrando entradas con la etiqueta violín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violín. Mostrar todas las entradas
domingo, 12 de junio de 2011
jueves, 24 de marzo de 2011
Comezamos a terceira avaliación.
Parécevos que a comecemos de bo humor, e cuns risos. Espero que vos guste este vídeo.
miércoles, 23 de marzo de 2011
Joshua Bell no metro
Do que falabamos na clase, Pablo, ese experimento xa se fixera hai algún tempo con Joshua Bell, cun resultado realmente bochornoso. Déixote o powerpoint que me mandaron en que tiña colgado no outro blog, porque a mín tamén fixérame reflexionar moito sobre qué lugar ocupa a cultura e a arte na nosa sociedade.
Joshua bell vioolspeler_t 2
View more presentations from mussalmad.
sábado, 18 de diciembre de 2010
O violín do diaño/El violín del diablo
Aínda que aos que lles tocou ler el violín del diablo de Joseph Gelineck non lles gustou, penso que é un libro de suspense moi entretido. Outra cousa é que non nos guste o xénero. Joseph Gelineck é un seudónimo do verdadeiro autor e é o nome dun violinista da época de Beethoven. O escritor que se esconde tras ese nome nos é descoñecido, aínda que sí se sabe que é un musicólogo coñecido no noso pais, e que traballou en RTVE (hai realmente moita intriga en foros en internet por saber quen é, algúns dín que é Fernando Argenta, Máximo Pradera ou incluso Fernando Palacios) do que non hai dúbida é de que se trata dun gran coñecedor da música que a introduce moi ben dentro da novela (por iso a escollín) e que ademáis amosa un gran coñecemento do repertorio. Tratamos, por iso, de facer una lista de reproducción de todas as obras mencionadas no libro, ou polo menos dalgunhas.
E por certo, aquí vai o enlace a un blog onde falan do libro e entrevista ao autor para os que non o líchedes, e ao mellor agora vos apetece, o libro está na biblioteca.
E por certo, aquí vai o enlace a un blog onde falan do libro e entrevista ao autor para os que non o líchedes, e ao mellor agora vos apetece, o libro está na biblioteca.
jueves, 14 de octubre de 2010
Scheherazade
Esta maravillosa música é a que escolleu Rebeca. Preferín esta versión na que podedes observar os instrumentos que van tocando, porque ademáis da extraordinaria beleza do violín solista que acertadamente destacou Rebeca, hai outros solos estraordinariamente fermosos como o do fagot, o óboe e o violoncelo. Lembrades que destacamos a sona de Rinski-Korsakov como orquestrador. En concreto este segundo tempo da suite de Scherezade narra a historia do principe Kalender. Só unha pregunta, alguen sabe qué tipo de comoposición era Scherezade antes de ser convertida en Suite.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
