Mostrando entradas con la etiqueta paganini. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paganini. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de enero de 2011

Capricho 24





Capricho 24 é o segundo título da serie de Blanca Álvarez "Cuarteto de Cuerda".

Capricho 24 é a continuación do libro Sonata de Amor, no que catro rapazas que estudan no conservatorio comparten as suas inquedanzas e pasións... Na segunda parte a protagonista é Carla, que toca o violín e que é a menor do grupo.
O libro xira entorno ao amor platónico de Carla e Shurt( un pintor de grafitis), ao longo da novela irán aparecendo novas persoaxes que contribuirán a formación de novas aventuras.
 Pareceume moi interesante e reconméndolle aos meus compañeiros que o lean sobre todo se xa leron Sonata de Amor, xa que completa a personalidade de Carla.
Ao longo desta obra falarase da obra Capricho 24 de Paganini, que é a obra que pretende tocar Carla para impresionar a Galiana.
A protagonista sinte a música e logra disfrutar de Capricho 24.

sábado, 18 de diciembre de 2010

O violín do diaño/El violín del diablo

Aínda que aos que lles tocou ler el violín del diablo de Joseph Gelineck non lles gustou, penso que é un libro de suspense moi entretido. Outra cousa é que non nos guste o xénero. Joseph Gelineck é un seudónimo do verdadeiro autor e é o nome dun violinista da época de Beethoven. O escritor que se esconde tras ese nome nos é descoñecido, aínda que sí se sabe que é un musicólogo coñecido no noso pais, e que traballou en RTVE (hai realmente moita intriga en foros en internet por saber quen é, algúns dín que é Fernando Argenta, Máximo Pradera ou incluso Fernando Palacios) do que non hai dúbida é de que se trata dun gran coñecedor da música que a introduce moi ben dentro da novela (por iso a escollín) e que ademáis amosa un gran coñecemento do repertorio. Tratamos, por iso, de facer una lista de reproducción de todas as obras mencionadas no libro, ou polo menos dalgunhas.




E por certo, aquí vai o enlace a un blog onde falan do libro e entrevista ao autor para os que non o líchedes, e ao mellor agora vos apetece, o libro está na biblioteca.