Mostrando entradas con la etiqueta Jorge d´Urbano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jorge d´Urbano. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de octubre de 2010

INVESTIGAMOS: Hans von Büllow, Murray Schafer, Jorge de Urbano e Carlos Chávez

A Andrea L tocoulle ao final traballar en solitario, tamén o seu traballo resultou ser o máis silencioso de todos. Aquí vos deixo os enlaces para coñecer algo máis destas importantísimas figuras da Historia da Música, pero que por non ser compositores destacados na maioría dos casos (algún deles sí que o son)quedan un pouco escurecidas salvo para iniciados. Para coñecelos, pinchade no nome.

















Investigamos...qué música aparece en qué es lo que más nos gusta

Perdoade o retraso, porque recoñezo que era o proxecto máis difícil de todos, e a mín tamén levoume tempo comprobalo, pero aquí tedes parte dos resultados. Non atopáchedes nin siquera cinco das obras....pero aquí tedes uns exemplos....


Qué es lo que más nos gusta


min. 1:20

malos tiempos para la lírica.



min 2: 13

Non é o tango de Piazzola que indicáchedes, vos confundiu o son do bandoneón

min 3:58

Non é o quinteto de cordas nº 5 como indicáchedes se non o 4º

Cuarteto de cordas nº 4, cuarto tempo. Bela Bartok nete vídeo, arredor do min 5: 13




min 6:00

Bruce Springsteen, Born to run

No se puede insertar, lo podeis ver aquí


min. 11:08

O lago dos cisnes...de Chaikovsky




min. 11:34

Non era o cuarteto de Beethoven como vos puxéchedes, se non o terceiro concerto para violín de Mozart.




Acertáchedes porén na audición do mín. 13:20, claro que con texto sempre é máis doado atopar as cancións.



O cuarteto que soa a continuación, sí parece Beethoven pero non é o tempo que vos propuxéchedes, tampouco coñecemos a música de pulso e corda e frauta que soa a continuación.

O mín 16:42 a mín non me parece Palestrina, de feito paréceme música litúrxica rusa. Non é esta, pero observade o parecido.



min 17:11 é o primeiro tempo do quinteto de cordas con clarinete de Johannes Brahms



O que soa arredor do min 20:00 é a seguinte obra de Igor Stravinsky. Sinfonía para instrumentos de vento



O que se escoita no min 21:40 non é a Cabalgata das Valquiras, se non o Preludio dos Mestres Cantores de Richar Wagner (Die Meistersinger no orixinal). Aquí o tedes



A fermosa sonata que soa a partir do min 22:24 é o cuarto tempo da sonata para violín e piano de Cesar Frank



min 24:20 o que soa sí e renacentista, si é aquí a onde vos referiades con fragmento de Palestrina, pero si tratamos de entender o texto (non dí Kirye...senon Ave Verum corpus) e buscando en youtube, rexeitando o de Mozart(claramente é clasico) aparécennos dous renacentistas, o de Peñalosa e este de Byrd que é o que escoitamos no podcast.



Doulle voltas ao que aparece no min 25:23 porque por veces paréceme Saint-Saëns, pero por outras Mahler cando o localice volo colocarei aquí. (edito) Localizada esta música do min 25:23 grazas a axuda dalgúns compañeiros meus. Trátase do terceiro tempo da Sinfonía nº 3 de A. Bruckner. Aquí a podedes escoitar.




O que soa no min. 28:54 é unha famosa peza de virtuosismo zíngaro. Hora Staccato de Dinicu que podedes ver aquí