Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de enero de 2018

Jaime Altozano (plagio o no? )

Os dejo el enlace al vídeo que vimos en clase de Jaime Altozano en que este analizaba los parecidos entre la canción de Lana del Rey que ha sido demandada por plagio y Creepy, de Radiohead.





Y de regalo el vídeo mencionado de Axis de canciones sobre cuatro acordes.





sábado, 9 de marzo de 2013

Mulleres compositoras

Interesante programa en TVE sobre as mulleres compositoras. Agardo que algún tire proveito del.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Películas para un Nadal Barroco (I)


Como xa vos anunciei, cólgovos aquí algúns dos vídeos que vimos pola mañá sobre películas recomendables para empaparnos de ambente barroco este nadal. De feito é, probablemente, a época musical mellor tratada polo cine; son varias as películas e de calidade as que podemos recomendar para este tema.







martes, 22 de noviembre de 2011

Fin.- premios INVI



 RTVE xustifica cada vez máis a súa función de servicio público e nos regala xoias na súa páxina web, sabedes da miña devoción por algúns dos seus podcasts. Aquí quería compartir convosco algún dos vídeos que levaron os premios INVI, a innovacións en proxectos audiovisuais, porque sei que apreciaredes a súa beleza confluido o medios audiovisuais para transmitir a música de Tchaikovski e a danza clásica


lunes, 24 de octubre de 2011

Música de los Trovadores

La lista de reproducción de la Música de los trovadores, disfrutadla, analizadla y mañana me lo entregais. bicos, Irene

miércoles, 5 de octubre de 2011

As audicións para mañán

Aquí podeis escuchar las obras del gregoriano que nos quedan por analizar.



VENI CREATOR




PUER NATUS EST

y para quién se anime

martes, 4 de octubre de 2011

IN PARADISUM

Para el trabajo de mañana. No os lo pude poner en clase, pero sí lo podeis escuchar en casa para terminar de redactar el trabajo.

viernes, 3 de junio de 2011

Unha Flash Mob diferente

Gustaríame compartir convosco este video, é unha flash mob pero un pouco diferente. A ver quén me comenta porque escollerían o bolero de Ravel

jueves, 19 de mayo de 2011

Gañou Azerbaiyán

Xa vín que botáchedes en falta unha nova sobre o que aconteceu en Eurovisión. Aquí queda o gañador "Azerbaiyán", e podedes comentar o que queirades nos comentarios desta entrada. Comezo eu.



Os resultados foron sorprendentes pero non tanto. Azerbaiyán hai tempo que quere gañar eurovisión, e o fixo cunha canción prefabricada que soa a coñecida, pero que está ben construida e cunha posta en escea moi adecuada. Italia, que era a miña favorita como xa sabedes, conseguiú un "sorprendente" segundo posto porque o seu aire de Jazz parecía que non era apto para todos os gustos, pero a calidade sempre é recoñecida. Tamén hai unha versión b, Azerbaiyán gañou porque era do Este e Italia porque facía moitos que anos que non participaba. ¿Qué versión preferides?

Visita ao Centro Coreográfico Galego

Esta foi a entrada que deixei no blog de debuxando sons, sen decatarme de que algúns non cursades LPM, aquí ven a miña rectificación, sorry.

Creo que desfrutáchedes da visita que fixemos oa centro coreográfico galego, pero a preparación foi tan apresurada, que non nos deu tempo a comentare nin preparar nada sobre o que íamos ver. Aquí vos deixo algúns enlaces para que afondedes, o primeiro é a páxina do centro coreográfico galego

E o segundo, para coñecer os estilos, a aqueles que non lles soaban, tres exemplos das tres especialidades de danza que se estudan nos conservatorios españois.

Ballet clásico



Danza contemporánea



Aínda que as mesturas entre movementos clásicos e danza contemporánea....penso que son aínda máis habituais. Observade esta coreografía de Nacho Duato.



E preguntábades que era a Danza española, aquí tedes un exemplo

jueves, 5 de mayo de 2011

Festival de Eurovision 2011

Este mes nos ha tocado un trabajo muy interesante y entretenido. Os contaremos a continuación el proceso que hemos seguido para hacerlo.
-1º: Hemos escuhado las 43 canciones, las que se encuentran en la final directamente y las de la primera y segunda semifinal. A medida que las ibamos escuchando decíamos si nos gustaban o no, los resultados los apuntabamos en una hoja, para así luego poder hacer el analisis de las canciones en las que las cuatro hemos coincidido.




jueves, 21 de abril de 2011

Mi Cerebro Musical

Deberíamos ter escoitado un podcast esta Semana Santa, pero a verdade é que non me deu tempo a preparar o cuestionario, así que teremos cuestionario a Semana á volta de vacacións. Teredes toda a semana para contestar. Nesta semana non será un podcasts o que teredes que escoitar, senon ver un vídeo de National Geographic que se titula "Mi Cerebro Musical". Aquí tedes o enlace de youtube, é unha lista de reproducción xa que son cinco os vídeos no que está colgado, en total durará sobre unha hora, asíq eu cando remate o primeiro vos aparecerá o número dous para que o sigades reproducindo, e así, sucesivamente.



Aquí tedes o cuestionario que hai que contestar, por si queredes ir ampliando o traballo. E lembrade que é posible entregalo por correo electrónico.

lunes, 28 de marzo de 2011

Sinfonía Clásica Prokofiev

Este é o concerto ao que imos acudir mañá...


Esta versión está sacada dunha gravación antiga dos spitting images (pais dos vellos muñegotes), pero é unha moi boa versión, dirixida por Claudio Abbado, que aquí ten o seu propio guiñol.

Está cortada, porque se tedes o orixinal, inclúe, unha marcha, o celebérrimo Pedro e o Lobo e a Obertura sobre temas hebreos (no primeiro vídeo tedes o final) e remata coa sinfonía clásica.

A Estructura narrativa parte de presentarnos a Prokofiev introducido no olimpo dos clásicos, a ver se logrades recoñecer quén son. Esto é o Primeiro tempo. No segundo Mozart ensina a Pedro os segredos do tempo lento, e o minuet (aquí unha Gavota) como unha caixiña de música. Até que no último tempo Prokofiev é aceptado como un máis dos grandes clásicos.

Desde o min 5:20








Aquí tedes outra versión,




jueves, 24 de marzo de 2011

domingo, 6 de marzo de 2011

Terceira pista

Vídeo ¿Qué é un xestor cultura? José Girao



Esta pista xa é ben explicativa, queda tan só unha cuarta que vos colgaréi mañá ou todo o máis tarde o martes pola mañá...

domingo, 13 de febrero de 2011

Traballo desta semana

Pois sí, sí hai traballo esta semana, vai ser un pouco diferente. Non vai ser un podcast e non vai a haber cuestionario. Pero sí quero que vexades este pequeno documental e que me entreguedes unha valoración persoal sobre o mesmo que non sexa inferior a unha cara dun folio.




Los oficios de la cultura - Luthier (Vicente Carrillo)


Nota.- Lembrade que Valoración persoal non é o mesmo que resumo.


P.D. se que a imaxe é repetida pero viña a conto.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Xa verás que gustas da ópera

Pois cumplo o encargo de Elena, e aquí vos deixo colgado o vídeo que ela nos puso na clase, Xa veredes que vos gusta a ópera e ademáis vos propoño un concurso, ver si sodes capaces de identificar e situar todos os fragmentos que interpretan....Situar, significa nome, ópera a que pertence, autor e estilo musical. Nos xogamos un positivo, ;)

martes, 30 de noviembre de 2010

Derecho al delirio




Xa vos dixen que me gustaría que lográsemos considerar este blog un lugar máis de encontro da clase de análise e que fose un pouco voso ademáis de meu; así que, para que poidades todos desfrutar do fermoso vídeo que o outro día Daniela insistía en que visionaramos na clase, volo deixo colgado. E a verdade é que paga a pena porque é moi fermoso.

Por certo o texto de Eduardo Galeano se pinchades no link podedes entrar na wikipedia para enterarvos un pouco máis de quen é o autor de tan fermosas palabras.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Los conciertos de brandemburgo Johann Sebastian Bach.

Estas obras ma gustan por la lucha continua que existe entre los instrumentos de cuerda, los conciertos estan generalmente interpretados por una camerata de cuerda y un basso continuo.Fueron compuestos para el príncipe Leopold Wilhelm von Preussen en honor a la victoria en las Batallas de Brandemburgo este príncipe se convertiría en el König Leopold Wilhelm I.Bach pensó en esta melodía para representar una batalla campal en medio de las largas llanuras de Alemania del este para representar las llanuras de Brandemburgo.
Pablo.V


jueves, 28 de octubre de 2010

Músicas con lume



O segundo grupo traballou...as músicas vinculadas ao lume. É este un tema cunha longa tradición simbólica tanto na literatura como na mitoloxía, con diversos significados....desde os de compoñente erótico, vinculados a paixón, como os vinculados á violencia, á velocidade, á condenación, á purificación, a renovación,m o lume é algo perigoso, pero tamén fermoso e necesario para a nosa vida,.....non esquezamos que o lume é dun dos elementos primordiais, casi un dos elementos que nos define como especie; de tal xeito que non é difícil atopar músicas que fagan referencia ao lume. No texto das cancións, pero tamén cunha representación musical no programa dunha obra.

Esta é a selección que as vosas compañeiras fixeron.



É este un podcasts onde vos fala de moitas músicas con moito lume....do noso vello amigo Fernando Palacios.


Todos los fuegos, el fuego

De todas formas, propoñovos que vaiamos enriquecendo esta lista de reproducción con novas adicións de músicas que falen do lume. Cada vez que atopedes algunha, sexa no contexto que sexa, me enviades o enlace para ir facendo crecer esta selección.