
O primeiro proxecto deste mes era a lectura do libro Sonata de amor. Un libro moderno sobre unhas rapazas como calquera de vós que estudan no instituto e no conservatorio. Que forman un cuarteto de corda e mentras ensaian van influenciándose e forxando unha fonda amizade. Ao tempo, unha delas, introduce ás súas compañeiras e a nós, no coñecemento dunha fermosa sonata, producto dunha fermosa e "imposible" historia de amor entre un músico xenial. Glenn Gondelier e unha fermosa dama da alta sociedade parisina, Genevieve.
Por se lle pica a curiosidade a algún dos que non vos tocou lelo; aquí tedes os primeiros capítulos. Y despois, o podedes coller na biblioteca.
Sonata de amor.- para comezar a lelo
E para non esquecer que falamos de músicos, aquí tedes o primeiro tempo do cuarteto que están montando as heroinas...O Cuarteto Americano de Antonin Dvorak
E unha actuación do mítico pianista Glenn Gould, do que se poden entrever moitos rasgos nese enigmático compositor que a escritora crea co nome de Glenn Gondelier.
E vos invito, se tedes tempo, a ler este blog, onde podedes ler aínda hoxe moitas das controversias que a figura de Glenn Gould provoca. Libreta de notas: rarezas musicales: Glenn Gould