domingo, 10 de marzo de 2013

Con un ramito de violetas

Esta canción titúlase "un ramito de violeta", é dunha cantautora dos 70 chamada Cecilia e é unha canción "narrativa", cóntanos unha historia, cara aí deriva o noso  interese. A música queda nun segundo plano, convertíndose nun acompañamento da historia que narra.

A música basease nunha melodía que se repite ao longode toda a canción, sen apenas ningunha modificación nos retrousos, que apreciamos pola repetición da letra enos cambios de estrofas. Estaríamos ante unha forma estrófica.

A melodía na voz feminina da cantante é acompada polo punteo da guitarra española e sobre unha leve base de batería, ao longo da canción se lle suman outros instrumentos como os violíns e o bandoneón.

A historia é case de desamor, cóntanos a relación dunha parella de casados na que apenas hai comunicación. A muller recibe cartas anónimas e ramiños de violetas que ela vive como unha gran paixón secreta da que tira forzas apra vivir. Ao final da canción, sabemos que é o seu home o que lle envía esas cartas e flores que como non sabe amosarlle o seu amor á cara faino de forma anónima. Ela é unha muller que non precisa grandes cousas para acadar a felicidade.

É unha canción poética e subxectiva, da que cada un pode tirar a súa conclusión respecto da relación que une a esa parella.





Jennifer

sábado, 9 de marzo de 2013

Mulleres compositoras

Interesante programa en TVE sobre as mulleres compositoras. Agardo que algún tire proveito del.

viernes, 8 de marzo de 2013

Día da Muller

Mándame Lorena este fermoso vídeo para que comparta con todos vos e nos serva para lembrar que hoxe é o Día Internacional da Muller Traballadora



Grazas, Lore

martes, 26 de febrero de 2013

Escena de la tia Marge. Harry Poter y el caliz de fuego.

Escena de la tia Marge.
Harry Poter y el caliz de fuego.
Escena en la que Harry engorda a la tia Marge.


-Este son que escoitase da television fai referencia a vulgaridade da familia dos tios de Harry, quenes non paran de desprecialo.
Segundos adiante vese que é o son da television. Mentres a pelicula transcorre, a parte do dialogo que teñen os persoaxes entre eles, seguese a escoitar o ruido do televisor (ate agora non hai musica de fondo).
Hai un momento no que a tia de Harry, Marge, di cousas malas dos seus pais. Harry enfadado contestalle que se cale e cousto ahi soa una musica como de sorpresa (utilizando percusion).
Harry recolle os restos da copa, mentres vai a tiralos, Marge segue a falar mal dos seus pais (que en paz estean James e Lily Potter). Harry estalla de novo e dase a volta mandandoa calar Do enfado faina engordar. Comeza a soar como se se aveciñase tormenta durante dous segundos, despois comeza una musica que e parecida a banda sonora pero non e igual, a musica esta ahi para facer burla a situacion de que Marge este engordando. Mais adiante, como para dar sensacion de agobio, soa un reloxo de cuco. Esta musica poderiamos considerala como psicoloxica, xa que a sua funcion basicamente é comentar a escea e posicionar ao espectador, quen non sente empatia coa muller cando vai engordando. Tampouco a ten coa familia, que esta horrorizada. A musica soa tal cual a dun circo, é unha fanfarria que vai crescendo conforme a muller hincha até o redoble final cando o tío de Harry cae e ela elévase polos ceos.
Cando a tia sae voando, a camara enfoca ao primo de Harry e volvese a escoitar o son da television. Eso marca o egoismo so primo, que nin sequera nesas circunstancias é capaz de pensar nalguén que non sexa el.

http://www.mundobso.com/es/verbandasonora.php?id=5856

lunes, 25 de febrero de 2013

Swan Fyahbwoy : A gritos



Swan Fyahbwoy é un cantante madrileño de reggae dancehall, inicia a súa etapa artística en 2005, influenciado pola música jamaicana “reggae”. E coñecido tanto a nivel nacional coma internacional, e ata hoxe publicou 3 discos.

A canción que os vou mostrar, pertence o último disco, que foi sacado en 2012, “Extremely flammable”.
E un tema dancehall, comeza co sónido de percusión lanzado dende unha caixa de ritmos (o son repodúcese de forma cíclica), é un son que se intenta parecer ó dunha bateria. Por delante escoitase o son dun teclado pero sintetizado e tamén un efecto de sintetizador que reproduce unha sección orquestal de cordas, lanzados dende un sintentizador. Estes elementos compondrán a base rítmica da canción.
Na primeira estrofa é toda con esa base rítmica, exceptuando a parte na que swan empeza a facer preguntas retóricas que ahi o sonido da percusión cambia para resaltar aquelas preguntas.
No estribillo vólvese a repetir esta base rítmica
Na seguinte parte comenza sen a base de percusión que un poco despois aparece dandolle así nun primeiro momento máis importancia a letra. Cando hay un cambio de expresividade e de tono na voz hay un cambio na base de percusión que se volverá repetir un pouco antes do final.
Ese redoble de tambores nos indica un cambio de una estrofa ao estribillo o de o estribillo a unha estrofa.
Tamen se pode observar que segundo o tono de voz, o sonido e máis forte o máis suave. Antes de rematar volvese a repetir ese breve cambio de base de percusión.Pouco despois, a canción acaba exactamente igual que empezou , coa diferencia de que ó principio comezou moi suave e ó final acaba máis forte . As voces moitas veces aparecen por detrás facendo un efecto de “eco”

Nesta canción aparecen dúas voces a de Swan e colaboración especial de Karty er nene.
Neste tipo de cancións de estilo ragga, daselle moita máis importante a letra que a música.
Normalmente son cancións revindicativas.
Esta canción critica un poco la sociedad de hipocresía que estamos formando, tan superficial criticando por las apariencias y que esta mentalidad se va aprendiendo segun la esducación que te den o en la situación na que vives , reividinca toda esa xente que esta o mando do país e tanto mal lle está facendo, que o fan porque nunca se han visto en situaciones tan desesperadas como moitas das familias que as sufren todos os días e que por más qque vean as miserias e as degracias no hacen nada para solucionarlo. A mensaxe desta canción e moi sinxela: Se loitamos contra os que mandan e facemos ruído nos acabarán facendo caso.

Esta canción gustame, aparte de porque me encanta este estilo de música, e me encanta swan, porque é unha canción que transmite unha mensaxe que che fai pensar e che fai ver moitas realidades.



sábado, 23 de febrero de 2013

Abraham Lincoln, cazador de vampiros

ABRAHAM LINCOLN: CAZADOR DE VAMPIROS



ABRAHAM LINCOLN: CAZADOR DE VAMPIROS

ANÁLISE MUSICAL DA ESCENA (1:00:40 – 1:10:32)




1ª parte: o ascenso á presidencia

Primeiro, podemos presenciar un debate no que Lincoln fala sobre o tema da escravitude no sur dos Estados Unidos, aqui a música empeza cós violíns tocando piano a mesma nota para crear tensión, esta vai en crescendo escóitase tamén unha especie de ostinato rítmico que incorpora dinamismo a escea que de non ser pola música sería máis estática, ao ostinato rítmico séguella unha progresión das cordas que se traduce en que a escea non ten a función de clímax, senón que camiña cara outro momento, tamén unha nota grave nas cordas que ademáis acompaña ao movemento de Henry entre o publico. Mentres Lincoln expón o seu argumento, despois entran as trompas con caracter heroico seguido dos aplausos dos asistentes ao debate pola grandísima defensa de Lincoln cara a abolición da esclavitude. A nota tenida da trompa queda soando mentres asistimos a transición de esceas

Agora ubicámonos na mesma sala do debate, aínda que en silencio, isto non é casualidade, so está Lincoln discutindo com Henry, o seu mestre,só os escoitamos a eles para no desviar a nosa atención cara unha posible música de fondo, aquí o que resalta é a confrontación. A intervención de Will, o mellor amigo de Lincoln, bótalles en cara que son eles os que deciden quen vive e quen morre, este plano esta subliñado por un pedal na corda grave que ascende en glissando até ao máis agudo cando aparece a muller de Lincoln, a música está encadeada até a seguinte escea.

Aqui encontrámonos a Lincoln deixando a súa ferramenta de loita nun baúl, o machado, vaina cambiar polas palabras que, por unha parte, teñen un poder mais forte. Escoitamos uns sons moi graves o que nos propón um cambio radical na vida do noso protagonista, logo a música cambia cun factor de tensión e á vez cun ton que nos fai pensar que é un momento importante ou memorable na película e na vida da personaxe, a voz “en off” serve de música de fondo e ten a función psicolóxica de subliñar a importancia deste momento, este ton de importancia acentúase cos cánticos de todas as persoas que aclaman aLincoln como se fora um heroe, ou mais ben, o presidente dos Estados Unidos. E destaca o uso de sons claramente electrónicos neste fragmento, nunha indudable busca da posmodernidade e o anacronismo que forma a identidade de toda a película. O crescendo das cordas que serven para separar ambas esceas. A fechadura do bául e ábrese a porta e vemos a imaxe iconográficamente máis coñecida de Abraham Lincoln ten unha clara función de estructura teatral xa que nos permite establecer seccións claramente diferenciadas nunha película. De feito os sons graves convírtense claramente en sons de latexo, un dos tópicos cinematográficos para indicar o nacemento de algo.



2ª parte: A nación rómpese

Esta segunda parte comeza con imaxes da guerra ambientada cunha música um tanto sinistra e triste acompañada polos sons das espadas, escopetas e canóns, porén non houbo interrupción entre a música antes descrita e a que acompaña as esceas de discursos ante multitudes e as de guerra. Esta función é a de continuidade que lle da unidade as esceas que, entre sí, son totalmente diferentes tanto en cronoloxía como en espazo temporal. A única transformación é que, cando a escea achégase ao estrado e comezamos a ver uniformes militares, a música tamén tínxese de elementos militares como son os redobles das caixas e as fanfarrias das trompetas. A música é claramente psicolóxia e empática, observamos como acompaña o movemento dos exércitos (case nun mickey mousing de carácter tráxico) non esmorece se non que axuda a transición ao mesmo tempo que o muro derruido fúndese co xoguete do neno.

O silencio na escea do despacho é outro dos tópicos das películas que fan contrastar destas esceas (normalmente sempre teñen que estar trucadas) e que habitualmente susténtanse en música potente e épica fronte as esceas cotidiás de carácter casi teatral que pódense sustentar sobre os diálogos dos protagonista. Hai que ter en conta que como constantemente comprobamos e sinalamos o feito de que os fundidos da imaxe case nunca coinciden coas transicións de música, o normal é que as esceas con musica de fondo e as que non sexan alternas.

Logo aparécenos o protagonista en pantalla, pensando nunha solución para a xá mencionada guerra, Lincoln está tan inmerso nesse tema que nin sequera come, Hai un suave subliñado musical, un acorde pianissimo que parece un suspiro que acompaña á nova do xornal cando a cámara o enfoca, refíerome a nova dos 2000 soldados mortos, nesta escena, cando Willie, o fillo de Lincoln toma protagonismo, aparece unha música com caracter infantil e inocente, o que nos fai prepara inconscientemente para um acontecemento malo ou triste que, seguramente lle pasará a esta personaxe, Willie.Tamén, ao final, temos os indicios de música heróica, como cando escoitamos o argumento de Lincoln sobre a abolición da escravitude.

Efectivamente, aquí volven aparecer as trompas com caracter heroico, noutro debate, esta vez sobre a guerra, na que Licoln insiste que debe acabar. Nesta escea, a pesar de non ser un leit motiv recoñecible, si que hai unha clara identidade entre este tema que marca a final deste fragmento e que marcaba o final do outro fragmento. 1º Lincoln presidente, despois, abolición da escravitude, esta escea ten claramente unha función de continuidade unificando todos os lugares públicos onde vemos a proclamación, no despacho, no senado, no exterior, o acorde tra-lo crescendo coincide co cambio do interior ao exterior.



3ª parte: a abolición da escravitude

Nesta parte continúan as trompas, esta vez cun caracter máis épico, xa que é un gran momento da historia, a abolición da escravitude en EE.UU.

En consecuencia, os vampiros, donos do sur, tomarán represalias contra Lincoln, unha Muller, disfrazada de doncela, vai ao cuarto de Willie, aquí vai aparecendo pouco a pouco, unha música de violín con toques maléficos e sinistros é unha das máis tópicas formas de aparición da función psicolóxica, nos informa das malas intencións da personaxe á que acompaña, logo, aparece aquela música que escoitamos cando Willie marchou do despacho de seu pai, aquela música que era um tanto infantil pero á vez escura e sinistra, esta música séguelle unha disimulada mordedura da vampiresa. ten carácter de leit motiv porque acompaña á personaxe infantil, isto é un tópico do cine de terror, mesturar o infantil co horror, de feito que estas músicas como de caixa de música o xoguete soemos na actualidade asocialas a historias de terror. Algo a comentar será o feito de que a música incidental é o único que se escoita, non escoitamos os xogos do neno e a doncela, isto ten función psicolóxica, impórtanos o que vai acontencer, non os seus xogos e dalles unha apariencia fantasmagórica e de irrealidade. A elipse, non vemos como o morde vese sustituida pola caída da espada de xoguete e o sting chord.



4ª parte: a doenza de Willie



Aquí volvemos a escoitar o leit motiv de Willie, a música infantil e sinistra, cando Lincoln ve a mordedura, sabe o que lle pasa ao sal fillo, o que lle fai recordar a morte da súa nai a mans dun vampiro, a acción de recordar vai capmpañada dun son grave nun crescendo moi rápido, o que nos da unha sensación como se rebobináramos no tempo, ese recordo persegue ao proagonista ata nos seus soños, cando Lincoln ve á súa muller e ao seu fillo, que está nas últimas, séntese impotente e triste, o que se reflexa nos acordes que soan nese momento.
Outro sting chord suliña cando Lincoln recolle o reloxo de Henry de entre os xoguetes de Willy.
Un trémolo de violíns aparece cando o maiordomo vai tapar a Lincoln sentado no xardín, seguramente serve apra avisar da súa presenza, función psicolóxica, é un momento de traxedia que non se correspondería co son dun xardín, lugar onde están nesta escea.

5ª parte: posibilidade de reanimación

.


Nesta última parte, Lincoln vese desfeito pola morte do seu fillo, ata que aparece Henry e lles ofrece revivir a Willie como vampiro, Mary, a muller, acepta, Lincoln intenta convencela de que non é boa Idea, xa que sería un vampiro, pero a Mary dálle igual, a esta escena acompáñalle unha música triste, cun toque de desamor ou incluso de odio, cando Mary comeza a falar a música é dramática, dolorosa e triste, aquí o odio está na escea e non na música, incluso podería ser anempática, porque a pesar de que as palabras de Mary son de odio, en realidade, a música amosa tristura e pesar.

http://www.mundobso.com/es/verbandasonora.php?id=13524



Angel

viernes, 22 de febrero de 2013

Scary movie 3



Director: David Zucker
Música: James L. Venable
Sonido: Jason W. Jennings

Esta pélicula parodia unha serie de peliculas de terror, basada sobretodo no filme “the ring”.

Escea:Pelea de almohadas con pamela anderson

Personajes: Becca (Pamela Anderson), Kate (Jenny McCarthy).

A escea comeza cun plano exterior dunha casa aparentemente antiga, fai tormenta, é noite. Aquí temos o típico tópico de casa tenebrosa o que nos parodia dende un principio que vai pasar algo malo ou va a ver un final tráxico, tan só porque estcoitamos a treboada. Escoitanse de fondo o sonido da choiva e dos tronos.
No plano interior da casa móstranos unha habitación onde aparecen dúas colexialas bastante maduritas. Aquí se quere parodiar o tópico das rubias guapas, artificiais... son tontas, xa que unha de elas está facendo un encrucillado e non sabe responder preguntas tan sinxelas como “que dí a vaca?” tamén nótase o superficiais que son, danlle moita máis importancia a que a tv poida dañar ás súas moléculas de siliconas, a que poida dañar as súas neuronas.
Cando Becca lle di a kate que as súas móleculas de silicona están en perigro, esta mediante un intento fallido intenta apagar a televisión, aquí volve a aparecer o tópico de rubias tontas, xa que tiña o mando ó revés e non sabía sair de aquela situación. Nesta parte aparece unha música incidental, de carácter psicolóxico: o director quere transmitirnos esa sensacion de medo ou tensión que estan a sentir as personaxes mediante unha música anenpática porque utiliza unos stingchords que non teñen nada que ver coa a escea, a música representa unha parte de terror e esa parte máis ben é graciosa.
Cando resolven o conflicto que tiñan coa televisión empezan a falar dun video, que é a trama da pelicula, Becca lle pregunta a Kate se escoitou falar de alquel video, e Kate moi convencida pensou que refiriase a un video aparentemente porno e mentres vai enumerando os sucesos que pasaban nese video aparece de fondo unha música psicolóxica cun caracter anenpático, suponse que a pregunta sobre aquela película de terror era para añadir suspense o filme pero a súa superficialidad fai que se desvien do tema, así que a atención que debían producir os trémolos de violín quedan fora de lugar: a súa intensidade vai aumentando segun vai describindo máis cousas, é un son anempático, volve a suceder o mesmo que antes aparece unha música que corresponde a unha escea de terror cando enrealidade é de risa.
Despois de que Kate acabara co seu monólogo Becca lle explica ó video ó que referíase: un suposto video que cando o ves unha voz tenebrosa chámache dicindo que en sete día vas morrer.
Aquí parece que a música que volvese a repetir o de antes unha música psicolóxica que vai aumentando segun becca vai falando, nun primeiro momento parece que a música é empática xa que Becca está contando algo que pode dar medo pero esa sencion de empatía desaparece cando Kate lle di que vio o video cun tal Josh e Becca dalle máis importancia a que esta estivera con Josh a que vera aquel video que podería costar a súa vida. aquí porén ademáis de ser psicolóxica é empática porque córtase abruptamente cando Becca interrumpe a narración de Kate.
No seguinte plano aparece unha esecea moi graciosa: Un tópico de pelea de almohadas entre dúas amigas, pero lléndose ó extremo de pegarse con todo o que vean por diante, mentres soa unha canción, música incidental, que é unha típica música pop preexistente que acompaña esceas de camaredería e complicidade.
Mentres xogan a pegarse, soa o teléfono que de unha maneira seca interrumpe a música, aparece un plano das dúas chicas andando moi despacio a buscalo, cunha música psicolóxica de fondo que apenas te das conta por el comentario cómico que fai Kate en un momento supostamente de tensión. os trémolos de violín acompañando a loira tonta por un corredor a oscuras é un dos máis habituais tópicos do cinema de terror.
Cando Kate colle o teléfono aparece unha voz moi tenebrosa e pásalleo a Becca, volve aparecer a música de continuidade que vai aumentando e ten un carácter psicolóxico que da unha sensación de suspense ate que volve a suceder unha escea cómica xa que era a súa propia nai a que chama.
Kate vaise e un relampago parece que apaga as luces da casa e a chamada córtase, esto fai un efecto cómico xa que primeiro escoitamos o relámpago é pouco despois o sting chord en este momento son empáticos porque o feito de que unha tormenta corte a luz recórdanos ó tópico de peliculas de medo. Becca comeza a preguntar por Kate, escoitase o sonido dunha porta aberta, volve a aparecer esa música de tensión que danos esa sensacón de terror, aparecen de novo os trémolos de violín e notas soltas que van en crescendo e se cortan abruptamente cando logra pecha-la porta ,que como é habitual ó final acaba comicamente. Tamen cando descubre o loro é dalle medo aparece outro crescendo de cordas. Becca sube as escaleras moi lentamente cunha música psicolóxica. volve ser o uso dos tópicos trémolos do cine de terror no corredor con carácter cómico, a música é seria pero parodiada. Nesta parte aparece unha música acorde coa imaxe, xa que prodúcenos medo, tensión... Cando Becca entra na habitación sigue esa música que nos provoca suspense, e cada vez máis va aumentando a intensidade, cando Becca empeza a dicir: kate estas ben? as notas soltas en agudos tamén son moi empregadas no cinema de terror, para vincular o sons infantís, pero sen resolver musicalmente
Agora é cando próducese outra vez unha escea anenpática, parece que a escea vai ser de medo pero cando Becca le empeza a preguntar a súa amiga dunha cor extraña, coa boca excesivamentete aberta e o peor cando se lle cae a cabeza lle sigue preguntando se está ben xa nos provoca unha escea cómica.
Pasa o mesmo coa ultima parte cando Becca sen querelo ve o video que mato a súa amiga, volve a aparecer a música Psicolóxica, que parece que a escea é de terror pero nos fai cambiar de opinion o seu enfoque as tetas.

Andrea