miércoles, 12 de junio de 2013

sábado, 1 de junio de 2013

palabras, palabras, palabras ...

Me place recomendaros un plan para el domingo




domingo 2 de xuño ás 12:00 h - Museo de Belas Artes da Coruña, A Coruña
Palabras, palabras, palabras... (conferencia + concerto)

Emilio Lede (musicólogo) Maite Dono (poeta)

Vertixe Sonora Ensemble





Prezados amigos e amigas,



Vertixe Sonora ten o placer de convidarvos ó concerto presentación do ciclo Do Audible que baixo o título Palabras, palabras, palabras... terá lugar o vindeiro domingo 2 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña. Consiste nunha charla e concerto de hora e media de duración onde se abordan diferentes formas de relación entre música e palabra.



Esperamos contar coa vosa presenza,



Vertixe Sonora Ensemble

www.vertixesonora.net

jueves, 30 de mayo de 2013

Love Me in Black.- Doro


Información do grupo

Doro Pesch é unha cantante de Heavy Metal nada en Dusseldorf, Alemaña. É a antiga vocalista da banda Warlock, que acadou a súa maior popularidade na década dos 80. Ao disolverse Warlock, Doro comezou a súa carreira como solista coa que continúa ata hoxe. Ademais das súas propias cancións, Doro tamén inclúe algúns temas do seu antigo grupo nos concertos.


Significado da letra

A canción fala dun amor que esta próximo ao seu fin. A cantante reflexiona sobre como ela e a súa parella chegaron a esta situación e é consciente do papel que ela mesma xogou para chegar a isto. Con todo, a cantante aínda ten a esperanza de que a relación poda salvarse, malia saber que é case imposible.


Estrutura da canción

A canción componse de tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces. A canción comeza co teclado e a batería, aos que se lles incorpora deseguido a voz e por último a guitarra.


Porque me gusta

A canción gústame polo timbre da cantante, pola historia que conta e polo seu ritmo, que durante a maior parte da canción é lento e se fai moito máis rápido ao achegarse o final.




viernes, 24 de mayo de 2013

Beyoncé - I was here

Beyoncé é unha cantante, vocalista, modelo e bailarina estadounidense. A sua carreira musical comenzou a finaiss dos 90 como a vocalista principal do grupo Destiny Child´s xunto a Kelly Rowland e Michelle Williams. Lanza o primeiro album en solitario titulado Dangerously love.
Esta canción pertence ao último albúm titulado 4.

ESTRUCTURA DA CANCION
A canción empeza cun violin e acompañalle a continuacion o piano, e máis adiante na primeira estrofa cando esta a dicir o retrouso escoitanse os xilofonos. O acompañamento de violins estan presentes durante toda a canción, danlle unha sonoridade moi melancólica, tamén a batería . A canción esta formada por tres estrofas e un mesmo retrouso, que se repite tres veces despois de cada estrofa. A forma na que entoa Beyoncé é coma se fora improvisada que ten influencias do Gospel e tamen do Soul.

SIGNIFICADO DA LETRA
É unha balada reflexiva, na que Beyoncé expresa opinións vulnerables do seu pasado, con ganas de deixar un impacto no mundo antes de que a súa vida chegue ao seu fin. O desenrrolo da canción foi motivada polos ataques do 11 de Septembro nos Estado Unidos

PORQUE ME GUSTA
Gustame esta canción polo seu ritmo e a voz da cantante tamen gustame como cantante polo tipo de canciones que fai, sobretodo porque este xénero de música é un dos meus preferidos.

Nerea

viernes, 10 de mayo de 2013

Turning tables-Adele






INFORMACIÓN SOBRE A CANTANTE

Adele é unha cantautora británica de soul, blues e pop que gañou numerosos premios musicais.
Adentrouse pouco a pouco no mundo da música colgando videos en Myspace, onde gañou moitos seguidores e todo isto fixo que fora coñecida en todo o mundo.
O seu éxito culminou co seu último disco 21 no que está incluida esta canción, e co oscar a mellor banda sonora.


ESTRUCTURA

A canción comeza co piano que é o único instrumento que está presente na canción, sen olvidar unha serie de violíns que aparecen nuns momentos determinados da canción sobre todo cara ao final desta. Atendendo a súa estructura, a canción está formada por tres estrofas e un retrouso que se repite tres veces, unha vez despois de cada estrofa.


SIGNIFICADO DA LETRA

En canto a letra, a canción fala de darlle a volta as cousas xa que a cantante a compuxo despois da ruptura co seu mozo e esta canción exemplifica o motivo de esa ruptura que é que o seu mozo sempre quería estar por riba e tiña a manía de darlle a volta as cousas e tamén Adele expresa nela que vai ser forte e que ese desamor non a vai derribar.


¿POR QUE ME GUSTA?

Esta canción xunto con outras da mesma cantante gústanme pola tímbrica de Adele xa que ten unha voz moi potente e ao mesmo tempo moi dulce e tamén porque na maior parte das súas cancións como ocorre nesta o instrumento principal e o piano que é o meu instrumento favorito debido ao seu carácter intimista.




Claudia