jueves, 4 de agosto de 2011

Amy Winehouse

Non cabe dúbida que Amy Winehouse é a penúltima gran estrela creada pola industria discográfica. Que facía música interesante non cabe dúbida, pero....as razóns do seu triunfo eran esas?
, malia o seu estilo de vida, ou era précisamente ao revés. o seu estilo de vida (morte) permitía que a súa música estivera sempre en primeiro plano informativo? Era tanta a diferencia cunha artista similar pero máis modosita como podía ser Duffy? Desde que foi anunciada a morte de Amy Winehouse levaba bastante tempo querendo plasmar esa opinión nalgunha entrada do blog, só co ánimo de reflexionar. Na Voz de hoxe, César Casal inicia esa reflexión, non sempre estou de acordo coas súas opinións, pero hoxe sí que comparte os seus pensamentos. Será a discográfica quén matou a Amy Winehouse, dalgunha maneira esa é a resposta correcta. sempre. A música debe deixar de ser unha industria para voltar a ser unha arte, unha linguaxe e todo o que queremos que sexa.

después de Amy, amy




E tal vez, só tal vez, habería que cuestionarse se os dereitos de autor deberían ser hereditarios...

viernes, 29 de julio de 2011

La Pasión de Artemisia

Co verán tan malo que estamos tendo, seguro que queda tempo para facer moitas cousas. Se alguén quere ler un libro non moi longo e que resulta moi agradable, sobre unha pintora do barroco temprano, vos recomendo este libro.

La Pasión de Artemisia


Me gustaría que pensarades nas palabras que ao final do libro Artemisia dedica a explicar a diferencia entre ela e a súa filla, "É mellor apreciar e buscar a beleza, que simplemente ser bela...."

viernes, 8 de julio de 2011

Páxina de exercicios musicais

Esta é a páxina que estaba buscando cando Rima me pediu unha páxina onde puidera practicar dictados ou así. Non a atopei entón, aínda que atopei algo similar pero menos completo. Pero vola colgo agora. É un pouco tarde para algúns "afortunados", pero vos pode servir a algúns.

Veredes que é moi completa e esta preparada para moitos niveis. Tede coidado de empregar as opcións que se correspondan co voso nivel. Tedes dictados rítmicos, de intervalos, de acordes, recoñecemento de armaduras de clave, para practicar as difrerentes claves, os compases, en fin.....que non falta de nada.. ;)

E para completar, por iso, colgóvolo neste blog tamén, ten exemplos de análise musical, de frases, de períodos, de motivos, de análises harmónicos; e tamén podedes atopar algúnha obra musical analisado




páxina de exercicios musicais

jueves, 7 de julio de 2011

Roubaron o Códice Calixtino

Hoxe é nova de primeira plana, e é posible que moitos nunca o escoitarades mencionar nunca; pero, iso íase solventar para o próximo curso. O Códice Calixtino é un dos grandes monumentos culturais que atesorábamos en Galicia, e nós o imos estudar para o próximo curso xa que aí atopamos algúns dos máis antigos e importantes exemplos de polifonía medieval. Así que é de verdade unha triste nova que nos roubaran este importante patrimonio a toso os galegos. Dan ganas de chorar...

Roubaron o códice calixtino

domingo, 3 de julio de 2011

Stravinsky, BMW e o afán de Perfección.

Deixovos este spot publicitario para desexarvos un feliz vran e que desfrutedes das vacacións, aínda que aquí me podedes atopar para o que precisedes.


E escollino porque paréceme un bo exemplo das razóns polas que a música é un elemento educativo de primeiro orde