jueves, 30 de diciembre de 2010

Festival Vertixe Sonora 2011

Quería informarvos deste concurso de composición que desde Vigo convocan para estudantes de música de secundaria e Bacharelato. Mandáronme a convocatoria nestas vacacións de Nadal, así que non volas pude falar delas na clase, pero aquí tedes os enlaces para que vos animedes.

Vertixe sonoro. concurso de micropiezas

titorial

sábado, 18 de diciembre de 2010

Unha curiosa historia: O piano

E por último, sintoo polos que tocades outro instrumento, A súa maxestade O Piano.






Unha curiosa historia: O piano

O violín do diaño/El violín del diablo

Aínda que aos que lles tocou ler el violín del diablo de Joseph Gelineck non lles gustou, penso que é un libro de suspense moi entretido. Outra cousa é que non nos guste o xénero. Joseph Gelineck é un seudónimo do verdadeiro autor e é o nome dun violinista da época de Beethoven. O escritor que se esconde tras ese nome nos é descoñecido, aínda que sí se sabe que é un musicólogo coñecido no noso pais, e que traballou en RTVE (hai realmente moita intriga en foros en internet por saber quen é, algúns dín que é Fernando Argenta, Máximo Pradera ou incluso Fernando Palacios) do que non hai dúbida é de que se trata dun gran coñecedor da música que a introduce moi ben dentro da novela (por iso a escollín) e que ademáis amosa un gran coñecemento do repertorio. Tratamos, por iso, de facer una lista de reproducción de todas as obras mencionadas no libro, ou polo menos dalgunhas.




E por certo, aquí vai o enlace a un blog onde falan do libro e entrevista ao autor para os que non o líchedes, e ao mellor agora vos apetece, o libro está na biblioteca.


miércoles, 15 de diciembre de 2010

A marabillosa Jacqueline Du pré

É este unha personaxe que sale de refilon no libro que vos mandei ler, "el violín del diable" e me gustaría que vos detivérades un pouco nel. Esta cellista inglesa convertiuse nunha das máis marabillosas intérpretes do século XX, como solista e facendo música de cámara coa súa parella, o fascinante Daniel Barenboim, e o amigo de ambos, Pinchas Zuckermann. Esta prometedora carreira truncouse en 1973 cando só tiña 28 años xa que se lle diagnosticou Esclerose múltiples. Aquí tedes algunha das súas interpretacións máis coñecidas.

A figura do director de Orquestra

A figura do director de orquesta é moi importante na música, xa que é o responsable de que a orquesta funcione e se compaxine.
Por esta gran responsabilidade e á importancia desta figura queremos remarcar o seu papel con este traballo.


A figura do director de Orquestra

Rebeca y Mariña. :)

lunes, 13 de diciembre de 2010

Melodías Ocultas



Este foi o segundo podcast que empregamos para facer pesquisas e tratar de recoñecer as músicas que Fernando Palacios emprega como exemplos para explicar as melodías ocultas.

Están son algunahs das atopadas e que deberíades incluir na vosa libreta de audicións

min. 0:00 "So early in the morning" É unha versión diferente, pero é a mesma canción folclórica.



min 7:38 "Erbarme dich, mein Gott" La Pasión según San Mateo, J. S. Bach



min 11.44 "Central Park in the dark" Charles Ives



min 13:09 Melodía gregoriana do Pange Lingua



min 13:29 Kirye da misa que sobre o Pange Lingua escribiu o compositor flamenco Josquin Desprez



min 15:50 A fuga que tanto nos deu que pensar. Fuga nº 3 en Do#M do libreo nº 1 do Clave ben Temperado. Escoitemos a versión de Glenn Gould, que sí é certo e evidente que me encanta, e tamén que é insuperable no piano, xa que na actualidade esta obra non se acostuma a gravar ao piano.



min 19:08 "Guía Orquestral para novos" Benjamin Britten. Importantísima obra para coñecer a orquestra sinfónica que traballeremos na segunda avaliación.



min 19:28 "variacións para vento-madeira e vento-metal"



min 20:52 "Variacións sobre un tema de Paganini" Serguei Rachmaninov



min 23:00 A fermosísima nana "summertiem" da Ópera Porgy and Bess de Gershwin na fermosísima versión jazzística de Ella Fitzgerald.



min 24: 59 Carioca, canción de moda na época das big-bands aquí a tedes bailada por Fred Astaire e Ginger Rogers.



Non estou segura si é esta obra a que soa de Anton Webern no min 28:15 pero é moi similar e desde logo responde ao tipo de melodía de timbres. Sinfonia nº 21





E por suposto todos sabíamos que no min 28:56 soa a 5ª Sinfonía de Beethoven en do m. Aproveitade esta versión para seguir as liñas melódicas.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Música e fenómenos meteorolóxicos

O noso traballo consiste en buscar música de diferentes estilos que esté realacionada cos fenómenos da natureza:o seu título, a súa letra..., ben pode ser a chuvia, a tormenta...
Utilizamos youtube para encontrar música moi diversa dende cancións de rap, rock, pop, salsa...ata música clásica ou ópera.
En resumo os fenómenos meteorolóxicos teñen un significado metafórico na música que se relaciona cos estados de ánimo.
A música instrumental que seleccionamos describe ditos fenómenos, por exemplo: Xardíns baixo a choiva.
Os fenómenos atmosféricos foron motivos das creaccións musicais durante tódalas épocas e para tódolos estilos.
Esta é a lista de reproducción que creamos:

Nuria S., Cristina e Andrea L.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Xa verás que gustas da ópera

Pois cumplo o encargo de Elena, e aquí vos deixo colgado o vídeo que ela nos puso na clase, Xa veredes que vos gusta a ópera e ademáis vos propoño un concurso, ver si sodes capaces de identificar e situar todos os fragmentos que interpretan....Situar, significa nome, ópera a que pertence, autor e estilo musical. Nos xogamos un positivo, ;)